IMG_20210701_113709.jpg
57 peregrinos aloxáronse no Albergue do Porriño na primeira quincena deste mes
Un total de 57 peregrinos aloxáronse no Albergue do Porriño desde que o pasado día 1 reabriu as súas instalacións, segundo informou a Concellería de Turismo con datos da primeira quincena deste mes. A súa orixe maioritaria é nacional e procedían primeiramente de Madrid, Valencia e Murcia. Tamén rexistrouse afluencia de peregrinos estranxeiros con predominio de portugueses, británicos e de diversos países asiáticos.
IMG_9735.jpg
Terceira quenda de axudas económicas municipais pola Covid á hostalería, comercio e autónomos
Este xoves 15 reunirase o tribunal de avaliación das solicitudes que aínda restaban por atender para acceder ás axudas económicas directas municipais para establecementos de hostalería, comercio, micro empresas e autónomos do Porriño afectados polas restricións durante este ano 2021.
Concello-de-Porriño-foto-apaisada.jpg
O Concello resolve unha segunda quenda de axudas pola Covid, por importe de 35.647 € para hostalería, comercio e autónomos
O Concello do Porriño informa da resolución dunha segunda quenda de axudas económicas directas pola Covid deste exercicio 2021, que atenden a 27 solicitantes entre establecementos da hostalería, comercio, micro empresas e autónomos do municipio.
IMG_20210706_122913.jpg
A alcaldesa felicitou aos compoñentes do club Ximnasia Porriño polos seus recentes éxitos deportivos
Eva Garcia de la Torre e o concelleiro de Deportes, David Alonso acudiron este mediodía aos adestramentos do equipo de ximnasía rítmica do Club Ximnasia Porriño, no Pavillón 1 do Polideportivo Municipal, para felicitarlles persoalmente pola excelente campaña deportiva que fixeron nas diferentes categorías nas que competiron.
Q55A1085.jpg
A alcaldesa felicitou ao neno motorista Iker Rodríguez que recibirá un convenio de patrocinio do Concello para a vindeira tempada
A alcaldesa Eva Garcia e o concelleiro de Deportes, David Alonso felicitaron persoalmente hoxe ao motorista Iker Rodríguez, un neno de porriñés 9 anos que se proclamou campión de España de categoría "supermotard" de 65 c.c. En compañía do seu pai, Jaime e dos restantes membros da familia, Iker recibiu da alcaldesa o anuncio de que para vindeira tempada de 2022, recibirá un convenio de patrocinio do Concello por un importe de 1.200 euros.
IMG_0317.jpg
A Asociación de Panadeiros presentou ao Concello o rexistro "Pan do Porriño", outorgado pola Oficina Española de Patentes e Marcas
A Asociación de Panadeiros presentou ao Concello, o rexistro "Pan do Porriño" outorgado pola Oficina Española de Patentes e Marcas, dependente do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. David Alonso, concelleiro de Promoción Económica e Turismo; e Cami Moreira, concelleira de Cultura e Festas, en representación do Concello, recibiron un exemplar do título acreditativo da marca "Pan do Porriño" que lucirá a partir de hoxe nas oito panaderías que promoveron esta marca e adheríronse ao selo. Son "Forno de Mosende", "Chinchina", "Argibay" "Amaquía" "O Progreso", "Erundina", Milagros" e "Panadería Torneiros".
Pleno-extra-mayo-2021.jpg
Pleno municipal ordinario de xuño: a corporación coñecerá a oferta de "Servicios dos Concellos Galegos S.L" para facerse co contrato de recollida de lixo ao que renunciou "Valoriza"
Esta tarde, a corporación local do Porriño coñecerá a proposta da mesa de contratación para outorgar o contrato de recollida, transporte e tratamento de lixo e residuos e xestión do Punto Limpo do Concello á firma "Servicios dos Concellos Galegos S.L.". Un contrato dun custe de 1.300.000 euros por ano e cunha duración de nove anualidades (8+1), ao que renunciou a empresa "Valoriza Servicios Medioambientales S.A." que fora a mellor valorada na licitación convocada polo Concello.
IMG_0254.jpg
Págase o primeiro lote de axudas económicas directas do Concello á hostalería, comercio e autónomos
A alcaldesa Eva Garcia firmou este mediodía, por sede electrónica, as ordes de pagamento aos 45 beneficiarios do primeiro lote de axudas económicas directas outorgadas polo Concello do Porriño a establecementos de hostalería, comercio e autónomos que as solicitaron polo impacto dos peches derivados da pandemia.
IMG_0229.jpg
O Concello vende os 23 vehículos municipais en desuso por preto de 8.700€ na segunda poxa
O Concello do Porriño vendeu os 23 vehículos municipais en desuso que permanecían almacenados no recinto do Multiusos de Torneiros desde outubro de 2019, cando se renovou o parque móbil municipal. A pesares de que os vehículos tiñan prezos de saída de saldo (entre 50 e 100 euros) finalmente as ofertas elevaron o prezo de venda. O monto total da venda dos 23 vehículos acadou 8.697 euros (impostos incluidos).
IMG_20210625_194720.jpg
Edgar Costas galardoado co IV Premio Roberto Vidal Bolaño, entregado no Porriño
Edgar Costas Sanmartín recibiu o IV Premio Roberto Vidal Bolaño de textos teatrais, instituído polo Concello do Porriño e organizado polo IES "Ribeira do Louro" e por Editorial Galaxia. O acto de entrega do galardón desenvolveuse no salón de actos do instituto porriñés. A obra do autor galardoado titulase "Casa de feras", segundo o fallo ao que deu lectura a profesora Raquel Castro, secretaria permanente do xurado. Francisco Castro, director xeral de "Editorial Galaxia" entregou o galardón e o diploma acreditativo.
IMG_0118.jpg
Un zafarrancho de reparacións comezou hoxe pola praza do Concello e a rúa peonil
Esta mañá operarios do Servizo de Vías e Obras do Concello iniciaron un zafarrancho de reparacións de beirarrúas que se estenderá ao longo das vindeiras semanas polo centro urbano, parroquias e polígonos industriais. Comezaron co arranxo e reposición de baldosas de pedra na praza Arquitecto Antonio Palacios e na rúa peonil. “Demos preferencia á contorna do Concello pola maior afluencia de peóns que está a notarse co incremento dos peregrinos e visitantes” subliñou a alcaldesa Eva García.
Concello-de-Porriño-panorámica-de-la-plaza-.jpg
O goberno municipal levará ao pleno o regulamento de tele traballo para os empregados do Concello
O goberno municipal porriñés levará para a súa aprobación plenaria na vindeira sesión da corporación, o regulamento de tele traballo con Concello. O texto da proposta será trasladado mañá mércores aos demais grupos políticos da corporación na comisión municipal de Economía, Facenda e Persoal que deberá ditaminar o asunto para o pleno do vindeiro mércores 30 de xuño.