Lourdes Moure, concelleira de Educación visitou esta tarde o obradoiro sobre ciberseguridade que está a desenvolverse nos centros de ensino secundario porriñeses. A concelleira compartiu actividade con alumnos e alumnas de 3º da ESO no IES Pino Manso.
O 19 de outubro celébrase o Día Mundial contra o Cancro de Mama. Por este motivo, este martes, á noitiña, o edificio do Concello do Porriño ten unha iluminación especial en rosa claro, tanto na fachada principal como na lateral.
O edificio do Concello terá unha iluminación especial en catro datas conmemorativas nas próximas semanas. A OMIX do Porriño, xunto coa Concellería de Educación e a de Igualdade e Cultura, anunciaron estas accións reivindicativas para estas catro datas: o 19 de outubro, Día Mundial contra o cancro de mama; 24 de outubro, Día Internacional contra o Cambio Climático; o 20 de novembro, Día Universal da Infancia, e o 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.
Esta mañá enviouse a carta que a alcaldesa Eva García dirixe ao presidente do Cabildo da illa de A Palma, Mariano Hernández, informándolle da axuda económica que o Concello do Porriño acordou para os afectados polas erupcións volcánicas.
A empresa "RS Motor Power Solutions", situada no polígono PPI 5, informou á alcaldesa Eva García de que doarán un gran motor para instalalo na rotonda situada fronte ás instalacións da compañía na Granxa.
A alcaldesa Eva García, asistida por técnicos municipais, e a directora xeral de Planificación e Proxectos de ADIF, Monserrat Rallo, tamén asistida por técnicos do seu departamento, mantiveron esta mañá unha reunión telemática para revisar detalles sobre o proxecto de supresión do paso a nivel no centro de Porriño.
A Concellería de Comercio que dirixe Sergio Casal comunica que o Concello acordou, á vista do solicitude do colectivo de vendedores ambulantes, autorizar a celebración do mercado semanal o vindeiro martes 12, a pesar de ser festivo nacional.Os postos instalaranse, do mesmo xeito, en San Benito e San Sebastián.
Eva García presidiu hoxe unha reunión informativa entre veciños de Atios; propietarios da canteira Triángulo; a empresa "Lonza" e o concelleiro de Infraestruturas, Pedro Pereira. O obxectivo da reunión, celebrada no Concello, era "evitar o alarmismo entre a veciñanza de Atios e proporcionar información completa sobre as actuacións", explicou a alcaldesa.
A alcaldesa Eva García e a concelleira de Educación, Lourdes Moure recibiron esta mañá no Concello a Lucas Giráldez Fernandes, un rapaz porriñés de 13 anos que opta aos premios nacionais da "Fundación Romper Barreras". Lucas é a única persoa porriñesa candidata a estes galardóns que premian a mellora entre persoas con capacidades diversas, a través da tecnoloxía da comunicación.
O Concello do Porriño acordou doar 20.000 € para axudar á xente da illa canaria da Palma, afectada desde o pasado domingo 19 de setembro pola erupción volcánica.
A alcaldesa Eva García fixo un chamamento aos veciños e veciñas da área metropolitana de Vigo para que acudan o vindeiro domingo, 3 de outubro, a participar e gozar da Festa dos Callos en Porriño, que porá o broche final ás Festas do Cristo.