O alumnado dos centros de educación primaria e secundaria do Porriño están a disfrutar das visitas-obradoiro á exposición temporal do Arquitecto Antonio Palacios “Soños de modernidade. Compromiso con Galicia”, instalada no Museo do Mar de Galicia.
O Concello do Porriño xa ten os resultados do informe técnico que se solicitou á Estación Fitopatolóxica Areeiro da Deputación de Pontevedra sobre o estado dos tilos do Parque do Cristo, debido ao seu aparente mal estado e á caída de varios deles. O mesmo conclúe a necesidade de proceder á súa tala de maneira inmediata ante o problema de seguridade que supoñen.
A concellería de Vías e Obras, que dirixe Ramón Porto, informou hoxe que se ampliou o proxecto de humanización da rúa Manuel Rodríguez que, pese a estar en execución, só renovaba as redes de saneamento e abastecemento de un dos lados da rúa.
O Concello do Porriño promove unha campaña de control da poboación felina en liberdade a través da cal se esterilizarán 150 gatos que forman parte das colonias controladas no municipio.
Os veciños e veciñas do Porriño e Mos disfrutarán xuntos deste Entroido. Será o sábado, 26 de febreiro, cando se celebre o I Desfile Conxunto de Entroido entre ambos concellos no que participarán 16 comparsas, 8 de cada municipio.
O Concello do Porriño, a través da concellería de Educación, deu a coñecer hoxe o cartel oficial do Entroido 2022. O deseño de Valeria Lage, alumna de primeiro curso da ESO do CPR Santo Tomás, foi elixido como gañador do I Concurso Escolar de Carteis do Entroido no que se buscaban as mellores ilustracións para promocionar as festas deste ano.
O Concello do Porriño vén de solicitar á Deputación de Pontevedra o aprazamento e fraccionamento do pago das cotas do IBI resultantes da revisión da valoración catastral iniciada no ano 2021 para intentar reducir o impacto desta medida na economía dos porriñeses e porriñesas.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Educación, Carolina González, visitaron o CEIP Xosé Fernández López acompañados polo director do centro, Benito Rodríguez , quen transmitiu aos representantes municipais as principais necesidades do colexio.
A Xunta de Galicia investirá 3 milóns de euros nos traballos de retirada e descontaminación dos residuos de lindano no viario principal do Contrasto, en Torneiros, unha obra que comezará este ano. Así llo trasladou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, ao alcalde Alejandro Lorenzo nunha reunión que mantiveron esta semana para abordar este e outros asuntos de interese para O Porriño.
O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño continúa a dar pasos para dar a coñecer o seu potencial turístico. As alcaldesas e alcaldes dos 14 concellos que abrangue o Xeodestino (A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui) celebraron unha reunión este mércores 12 no Pazo de Mos para facer balance do último ano e quentar motores para participar por terceiro ano consecutivo na Feira Internacional de Turismo de Madrid, FITUR, un dos principais encontros do sector turístico de Europa.