Coincidindo co 151 aniversario do nacemento do arquitecto porriñés o Concello do Porriño presentou o primeiro décimo na súa honra. E é que a Fábrica Nacional de Moneda y Timbre emitirá unha tirada especial de Lotería Nacional coa imaxe da Casa Consistorial. O décimo, para o sorteo do 30 de xaneiro de 2025, presentouse nun acto no que se sopraron as velas dunha torta e se festexou o aniversario cun brindis. O alcalde, destacou que “hoxe é un día importante e quero agradecer aos que fixeron posible que este décimo leve O Porriño por toda España”.
O vindeiro mércores 15 de xaneiro arranca de novo a oficina municipal móvil do Concello do Porriño para achegar a administración local á vecinanza do rural. Un servizo pioneiro co que o Concello do Porriño reafirma o seu compromiso coa atención directa e cercana aos veciños e veciñas.
O Concello de Porriño deu un paso histórico ao licitar por primeira vez o servizo de captura, esterilización e solta (CES) de gatos nas colonias felinas do municipio. O contrato, adxudicado á asociación protectora de animais INMA por un importe superior aos 23.000 euros, ten como obxectivo garantir o benestar destes animais e o control da súa poboación, aliñándose coa lexislación vixente e promovendo unha xestión ética e responsable das colonias.
Como xa é tradición no Porriño, o último día do ano chega por partida doble, e a celebración comezou este 29 de decembro coa festa do Pre-Fin de Ano Infantil, unha xornada única na que centos de nenos e nenas disfrutaron dunha mañá chea de música, diversión e actividades especiais na Praza do Concello. O evento, organizado polo Concello, marcou o inicio das festas previas á tradicional Noitevella, que, como cada ano, ten lugar un día antes na vila do Louro.
Como xa é tradición no Porriño, o último día do ano chega por partida doble, e a celebración comezou este 29 de decembro coa festa do Pre-Fin de Ano Infantil, unha xornada única na que centos de nenos e nenas disfrutaron dunha mañá chea de música, diversión e actividades especiais na Praza do Concello. O evento, organizado polo Concello, marcou o inicio das festas previas á tradicional Noitevella, que, como cada ano, ten lugar un día antes na vila do Louro.
O Concello do Porriño culminou recentemente unha serie de melloras en varias marquesiñas de autobús no municipio, con especial atención á instalación dunha nova parada na entrada do IES Pino Manso, unha intervención moi demandada pola comunidade educativa.
O Concello do Porriño celebrará a tradicional Carreira de Nadal o vindeiro domingo 29 de decembro, un evento aberto a todas as idades. A proba, cun percorrido accesible de tan só 4 quilómetros, consistirá en dúas voltas ao circuíto urbano (2+2 quilómetros) e terá como punto de saída a Praza Arquitecto Antonio Palacios ás 11:00 horas.
O Concello de Porriño celebrou este mércores a clausura do seu Plan Integrado de Emprego (PIE), un programa que, grazas á colaboración entre a administración local, a Xunta de Galicia e os actores empresariais e comerciais do municipio, conseguiu un alto grao de inserción laboral para os seus participantes.
O Concello do Porriño e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) revalidaron hoxe o seu acordo de colaboración anual. Este convenio, que conta cunha achega de 6.000 euros por parte do Concello, centrarase no apoio económico para o transporte adaptado, co fin de facilitar aos veciños e veciñas do Porriño o acceso ás actividades organizadas nas instalacións de COGAMI no Rebullón.
O Centro Cultural do Porriño será o escenario dunha innovadora exposición de arte contemporánea centrada no fogar e a familia, un proxecto que pretende achegar a arte actual ao público e xerar diálogos en torno a estes conceptos universais.
A Concellería de Sanidade, que dirixe Teresa Veloso, en colaboración coa OMIX do Porriño e a financiación da Consellería de Sanidade, impulsan o Programa de Prevención Selectiva do consumo de drogas no ámbito educativo. Baixo o lema `NON PASA NADA, PASA ALGO´ traballará co alumnado de 4º da ESO e Formación Profesional Básica dos centros educativos de Mos e O Porriño.