Noemí García, finalista do concurso de Telecinco ‘La Voz Kids’, actúa este domingo, ás 6 da tarde, na Praza de Antonio Palacios, diante do Concello, coma integrante de ‘Os MaiS’on fire’, un grupo de alumnos da Escola de Música e Danza MaiSon, do Porriño.
A Deputación de Pontevedra vén de iniciar nesta semana as obras da nova glorieta de ordenación do tráfico no cruce da intersección da estrada provincial EP-2405 Cerquido-Budiño con dúas vías municipais no lugar de A Costeira.
Mañá, venres 18 de maio, o Festival de Cans, que este ano conta coa meriande achega do Concello na súa historia, porá á venda no Torreiro de Cans as derradeiras entradas para acudir á proxección das curtametraxes a concurso desta edición e a algunhas outras actividades de pago.
Tal e como adiantara o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, as obras de mantemento que precisaba a cuberta do Pavillón Municipal quedaron rematadas a finais do mes pasado logo de que “fose posible acometelas unha vez que as condicións climatolóxicas o permitiron”.
O Goberno local do Porriño vén de esixir á Xunta de Galicia que corrixa de xeito inmediato a actual situación que teñen que soportar os porriñeses con diversidade funcional que non poden empregar os autobuses de ‘Faibus’ para desprazarse de Vigo a O Porriño.
O Festival de Cans continúa nesta 15ª edición-na que a achega do Concello é a meirande da historia do certame- a súa aposta por atender a todos os públicos, e faino reforzando e ampliando MiniCans, a súa programación infantil.
As alcaldesas e alcaldes de Mos, Nidia Arévalo, As Neves, Xosé Manuel Rodríguez, Salceda, Marcos Besada, Ponteareas, Xosé Represas, Mondariz, Xoán Carlos Montes, O Porriño, Eva García de la Torre, e a tenente de alcalde de Salvaterra, Marta Valcarcel, mantiveron este venres unha xuntanza no Concello do Porriño, a petición do representante do Comité de Empresa de Maderas Iglesias, Vicente Molares, para ter información de primeira man, e polo miúdo, da situación actual da compañía e das xestións realizadas ata o momento para afrontar a difícil situación que atravesa a firma.
A Concellería de Vías e Obras vén de rematar no lugar da Lomba, no barrio de Vitureira, na parroquia de Budiño, a reforma integral da estrada que pasa por esta zona, “cumprindo cunha vella demanda dos residentes nesta parte do Porriño”.
Dende este xoves, día 10 de maio, está aberto o prazo de inscrición para os Campamentos de Verán do Concello do Porriño, que baixo o nome de ‘Leo e as viaxes polo tempo’, ten coma obxectivo, tal e como sinala a concelleira de Benestar e Igualdade, Soledad Girón, “ofrecer unha alternativa de lecer e tempo libre ás nenas e nenos do Porriño durante o verán e, ao mesmo tempo, facilitar a conciliación da vida familiar e laboral ás porriñesas e porriñeses”.
O Porriño celebra este domingo, día 13 de maio, a tradicional ‘Festa dos Cachos’ na que se agarda que centos de persoas dean conta de centos de pratos deste crustáceo, “digno de reis”, como sinalou a alcaldesa, Eva García de la Torre, durante a presentación.
A Casa do Cid, espazo emblemático do Festival de Cans, acolleu hoxe, coa presenza da alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, en representación do Concello, a administración pública que máis inviste no festival- 20.000€, ademáis da contribución á seguridade e ordenación do tráfico da Policía Local e a limpeza- a presentación da 15ª edición do certame organizado grazas ás veciñas e veciños da parroquia de Cans.
Nunha xuntanza convocada este mércores a última hora da tarde, a instancia de todos os membros da Corporación do Porriño, integrantes de todos os grupos políticos da mesma, con entidades veciñais, sociais e culturais, comunidades de montes, representantes de sindicatos, de colectivos económicos e empresariais, de clubes deportivos, asociacións de comerciantes, de hostaleiros ou gremios de toda a vila, decidiuse iniciar mobilizacións para esixir ao Goberno de España que tome en serio a demanda, que cumpre xa 70 anos, de eliminar o paso a nivel do Porriño.