Tras un mes pechada por obras de mellora, a Praza Abastos do Porriño abriu as súas portas este martes e o fixo por todo o alto. Unha vez completados os traballos da primeira fase da mellora, que incluíron a renovación do pavimento, instalación de fontanería e eléctrica e reparación dos danos que presentaba a estructura, os praceiros e praceiras atenderon de novo aos centos de usuarios que hoxe pasaron polo mercado municipal para facer as súas comprar e coñecer as melloras.
O Concello do Porriño súmase un ano máis ao apagón máis comprometido coa natureza e o clima. O vindeiro 23 de marzo as luces da Casa Consistorial apagaranse de 20:30 a 21:30h para darlle unha hora máis ao planeta.
O Concello do Porriño, a través da súa concellería de Educación, que dirixe Carolina González, impulsa o programa “EDUCANDO EN POSITIVO para o desenvolvemento da intelixencia emocional e o coidado da saúde mental”.
“Porriñesas!! Porriñeses!! E os que veñen de fóra tamén!! Por fin chegou o día!!”. Así arrancaban o seu pregón os usuarios e usuarias de Afaga Alzheimer no Porriño para dar a benvida a ao Entroido na vila do Louro.
O reto de acabar as maratóns máis importantes e multitudinarias do mundo é moito máis que correr seis carreiras. Trátase dos coñecidos como 'Abbot World Marathon Majors', circuito que comprende as seis grandes maratóns entre las que figuran Tokio, Boston, Londres, Berlín, Chicago e Nueva York. Todo aquel ou aquela que o completa faise coa codiciada medalla de seis estrelas.
O Consorcio de Augas do Louro e Aqualia organizan unha xornada de portas abertas con visitas guiadas á EDAR de Guillarei o próximo sábado 23 de marzo con motivo do Día Mundial da Auga.
O acceso dos cidadáns e empresas á información do estado das súas xestións con esta entidade está dispoñible xa a través da Carpeta Cidadá do Goberno de España (https://carpetaciudadana.gob.es). Unha nova canle que ven a sumarse á sede electrónica municipal.
Comezar o día cun almorzo saudable, variado e equilibrado é clave para afrontalo con enerxía. Por iso, a adquisición de hábitos de alimentación saudable entre os máis pequenos é parte importante da súa educación.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, a concelleira de Comercio, Rosa Isabel Alonso, e a presidenta da Asociación de Comerciantes do Porriño (ACIPOR), Juana Pérez, presentaron hoxe a XXIX edición da Feira de Oportunidades “Merca na Rúa”.