O Concello creará un novo 'Grupo Municipal de Emerxencias' para actuar de xeito inmediato ante calquera situación de urxencia

Logo de que a Alcaldía

recuperase as competencias en Protección Civil e Emerxencias, detectáronse

deficiencias que xa se lle advertirán, hai dous anos, ao anterior concelleiro

responsable destes servizos.

As carencias apareceron logo da

baga de lunes e recomendáronse  melloras

en materia de persoal e material de cara a garantir a seguridade en caso de

situacións de emerxencia pero, durante estes anos  non se acometeu acción algunha neste eido.

Na actualidade,  O Porriño conta co parque Comarcal de

Bomberos Baixo Miño, no Polígono Industrial das Gándaras e, ainda que a súa

sede está dentro do termo municipal, a súa demarcación aglutina varios

concellos da zona para dar cobertura a inundacións, accidentes, lunes e outras  catástrofes e O Porriño, con un importante

artellamento  industrial, autovías e

autopista que pasan polo concello, preto de zonas moi poboadas, non se pode

permitir que, en caso dunha emerxencia, no haxa un servizo de primeira intervención,

dependendo de se os bomberos do parque comarcal están noutro servizo, coma

sucedeu hai pouco.

“Falamos de salvar vidas” e

dende a Alcaldía sublíñase que non se pode regatear en emerxencias dado que

unha intervención rápida e esencial en calquera situación de perigo.

O Porriño conta cunha

Agrupación Municipal de Voluntarios de Protección Civil, sufragada polo

Concello por medio dun convenio dotado con 

30.000€uros anuais, pero a realidade é que coma norma xeral so hai un  voluntario de servizo e sempre é  mesmo: o propio presidente da agrupación que,

coma sinala a alcaldesa, pon de manifestó o seu sacrificio ao estar as 24 horas

do día, 365 días ao ano a disposición da cidadanía.  “Pero Protección Civil non poder ser unha soa

persoa”.

Á vista dun informe interno,

que recomendaba, de novo, melloras no que se refire a Emerxencias,e co visto bo

da Secretaría do Concello, ven de proporse a creación dun Grupo Municipal de

Emergencias, formado nun principio, por seis bombeiros que cubrirían as 24

horas do día, con posibilidade de aumentar a plantilla no verán para combater

os incendios e actuar contra a vespa velutina.

A parroquia de Torneiros sería

a primeira beneficiada pola creación deste novo grupo  que tería o seu centro no Edificio Multiusos

Municipal.

Nos vindeiros días haberá unha

xuntanza coa Deputación de Pontevedra coa finalidade de solicitar unha achega

para a compra de materia, empezando por un camión de Bombeiros.

Así mesmo, está previsto

potenciar o aumento no número de voluntarios de Protección Civil que sexan un

apoio para o novo grupo de Emerxencias.