O Concello axiliza o pago de 400.000 € a proveedores para inxectar liquidez na economía local nesta situación de alarma

O Concello do Porriño axiliza esta semana o pagamento a proveedores por un importe global de 400.000 euros correspondentes a facturas deste primeiro trimestre co propósito de inxectar líquidez na economía local, prácticamente paralizada pola situación de estado de alarma sanitaria. “Seguimos intentado paliar os efectos desta pandemia mediante o pago a pequenos proveedoresde tal xeito que esta semana axilizaronse trámites para aboar 400.000 euros en facturas pendentes do primeiro trimestre deste ano”, declarou a alcaldesa Eva García. A rexidora indicou que mediante tele traballo tanto Intervención, Tesoreria, Secretaria e a propia Alcaldía “seguen a tramitarse máis pagamentos tanto por suministros como luz, telefonía e recollida de basuras así como con servizos prestados por outros proveedores cuia licitación está en marcha”, rematou Eva García. Lembremos que en materia económica o Concello do Porriño acordou hai unha semana o aprazamento de todas as obrigas tributarias municipais ata que rematen as medidas de confinamento.