A alcaldesa entregou ao CEIP de Atios as chaves da vivenda da planta alta do centro que levaba 25 anos ocupada

A

A alcaldesa do Porriño, Eva

García de la Torre, acompañada da concelleira de Educación, Lourdes Moure, fixo

entrega ao director do CEIP Plurilingüe de Atios das chaves da vivenda de 90

metros cadrados, que ocupa a planta alta do centro que, dende agora, pode ser

utilizada polo mesmo, tal e coma demandaba a Asociación de Nais e Pais (ANPA).

Logo de manter varias conversas

coa persoa que vivía nela e coa familia desta, a alcaldesa conqueriu que a

primeiros deste ano a vivenda quedase valeira, preto dun cuarto de século

despois da súa ocupación.

Hai que lembrar que a inquilina

era unha refuxiada de Bosnia que dende 1994 vivía nesta casa que lle fora

cedida polo desaparecido José Manuel Barros, daquela alcalde do Porriño, para

que esta muller, que lograra fuxir da terrible guerra que asolara os Balcáns

puidese comezar unha nova vida no Porriño, coa súa familia.

Durante estes preto de 25 anos,

o Concello do Porriño fíxose cargo de todos os gastos de subministro de auga e

de electricidade desta casa, como sinala Eva García de la Torre, que ao pouco

tempo de tomar posesión da Alcaldía, xa anunciara a súa intención de recuperar

a mesma para o CEIP de Atios que, coma lle expuxeran os representantes do ANPA

precisaba dispoñer deste espazo, logo de que en estes anos multiplicase máis

que por dous o seu número de alumnas e alumnos.

Eva García de la Torre agarda

que, “agora si”, o Goberno de Galicia, “que é quen ten as competencias, en exclusiva,

en Educación”, cumpra coa súa obriga e, de verdade, “asuma o custo de reforma

de este novo espazo” co que conta o Colexio de Atios e “realice, por fin, as

obras que permitirían contar con dúas novas aulas no mesmo, tal e como demandan

as nais, os país e o seu director”.