Zelnova Zeltia impulsa desde O Porriño a innovación sostible na industria europea.

Cunha traxectoria de máis de 80 anos e unha facturación anual de 85 millóns de euros, os seus produtos chegan a máis de 50 países.

A visita do alcalde Alejandro Lorenzo puxo en valor a aposta da compañía pola innovación sostible e o crecemento industrial.

O Porriño, 30 de abril de 2025.- O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, visitou esta mañá as instalacións de Zelnova Zeltia, compañía referente na fabricación de produtos para o fogar e líder no seu sector a nivel europeo. Acompañado polo tenente de alcalde, Carlos Martínez, e pola concelleira de Sanidade e Política Social, Teresa Veloso, o rexedor percorreu as instalacións e coñeceu de primeira man os novos proxectos e investimentos que a empresa está a desenvolver.

Durante a visita, Alejandro Lorenzo destacou a importancia estratéxica de Zelnova Zeltia para o tecido industrial do municipio: "Zelnova Zeltia é un orgullo para O Porriño e un exemplo de como se pode apostar pola innovación e a sustentabilidade sen renunciar ás raíces locais. Que empresas coma esta aposten por crecer dende aquí é unha garantía de futuro para o noso concello e para Galicia", asegurou o alcalde.

O equipo directivo da compañía, encabezado polo seu presidente Pedro Fernández Puentes, explicou o proceso de expansión sostida que está a vivir Zelnova Zeltia, cun modelo baseado na innovación, o compromiso ambiental e a internacionalización. Fernández Puentes salientou: "Estamos nun momento clave para a compañía. Demostramos que é posible crecer de forma sostida apostando pola innovación, a sustentabilidade e o compromiso con Galicia".Ademais, destacou a importancia de manter as operacións no Porriño:"Para nós é fundamental seguir desenvolvendo a nosa actividade desde O Porriño, xerando emprego e valor na contorna".

A compañía, cunha traxectoria de máis de 80 anos, alcanzou unha facturación anual de 85 millóns de euros en 2023 e conta cunha presenza internacional que supera o 55 % das súas vendas fora de España. Con máis de 250 traballadores, Zelnova Zeltia mantén as súas fábricas e laboratorios en España, ademais de contar con oficinas comerciais en Italia.

Durante a visita, o alcalde tivo ocasión de coñecer algúns dos logros máis destacados da empresa no eido da innovación e a sustentabilidade. Zelnova Zeltia foi pioneira na fabricación do primeiro insecticida en aerosol en España e no lanzamento do primeiro ambientador eléctrico a nivel mundial. Ademais, leva décadas comprometida coa protección ambiental, sendo unha das primeiras compañías en empregar propelentes que non danan a capa de ozono.

Desde o Concello do Porriño reiteramos o noso compromiso co apoio ás empresas que apostan polo desenvolvemento sostible, pola xeración de emprego de calidade e pola proxección internacional dende a nosa terra. O éxito de Zelnova Zeltia é, sen dúbida, un reflexo do potencial industrial e humano do Porriño.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria