Un soño feito realidade: o BM Porriño xoga a final europea na casa

O encontro disputarase este sábado 10 de maio ás 17:00 horas no Pavillón Municipal dos Deportes do Porriño.

Mañá sábado a partir das 14:00 horas, poderase desfrutar de ambiente festivo nunha carpa xigante instalada nas inmediacións do pavillón, con degustación de callos e música ambiente, para que a veciñanza poida reunirse antes do encontro. Habilitarase un servizo especial de tren para facilitar os desprazamentos ata o Pavillón así como a realización de visitas turísticas pola vila.

O Porriño, 9 de maio de 2025.- Esta mañá celebrouse no Templete de San Luis o acto de presentación oficial do partido de ida da FINAL DA EUROPEAN CUP FEMININA 2025, que enfrontará ao Conservas Orbe ZENDAL BM Porriño contra o club islandés Valur. Un evento que marca un antes e un despois no deporte galego e, especialmente, no balonmán feminino.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, puxo en valor o significado desta cita para a vila. Destacou que “esta final é moito máis que un partido: é o reflexo do traballo, da constancia e do talento das nosas xogadoras, e un orgullo para toda a vila. O Porriño converterase este sábado nun referente do deporte feminino europeo”. Lorenzo animou tamén á cidadanía a participar deste momento histórico: “Agardamos ver o pavillón cheo, con todas e todos arroupando ao equipo e gozando deste momento único. Sentir ese alento desde as bancadas será fundamental para as xogadoras”.

O alcalde tamén quixo compartir a súa implicación persoal co club ao longo dos anos: “Como alcalde, nada me enche máis de orgullo que ver a un club da nosa vila chegar tan alto. Este soño empezou a facerse realidade hai pouco máis dun mes e hoxe está ás portas de culminar. Deséxolles o mellor, e sobre todo, que gocen cada segundo como o estamos facendo toda a vila”. Así mesmo manifestou o agradecemento ao equipo e todas as administracións e empresas implicadas que fan posible que este soño se faga realidade.

O encontro disputarase este sábado 10 de maio ás 17:00 horas no Pavillón Municipal dos Deportes do Porriño, e a vila xa respira a emoción desta cita continental. A final europea supón un fito sen precedentes tanto para o club como para toda a comunidade local.

Abel Estévez, presidente do Club Balonmán Porriño e concelleiro de Deportes, afirmou que “non só estamos facendo historia deportiva, senón tamén social: poñemos en valor o balonmán feminino e demostramos que desde un concello como O Porriño podemos chegar á elite europea”.

A capitá do Conservas Orbe ZENDAL BM Porriño, Sarai Samartín, tamén tomou a palabra no acto para expresar o sentir do vestiario: “Imos deixar todo na pista. Xogar esta final diante da nosa xente é un soño feito realidade e queremos que sexa unha festa do balonmán”.

O evento contou coa participación do adestrador do primeiro equipo, Ismael Martínez, e outras autoridades locais e deportivas. Ao remate da presentación, celebrouse un Media Day oficial, no que xogadoras e corpo técnico estiveron á disposición dos medios de comunicación para entrevistas, fotografías e declaracións.

Como parte da celebración desta xornada histórica, mañá sábado a partir das 14:00 horas, poderase desfrutar de ambiente festivo nas inmediacións do pavillón, con degustación de callos e música ambiente, para que a veciñanza poida reunirse antes do encontro. Ademais, habilitarase un servizo especial de tren para facilitar os desprazamentos ata o Pavillón así como a realización de visitas turísticas pola vila.

Dende o Concello, animase a toda á cidadanía a formar parte deste día inesquecible para o deporte feminino galego.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos