'Se o NON é un dereito, Respéctao!'

Este sábado, día 25 terá lugar, as 6 e media da tarde na Praza de Antonio Palacios, o Acto en Memoria das Vítimas da Violencia de Xénero co que o pobo de Porriño quere render homenaxe a todas as mulleres, nenos e nenas asasinadas polo machismo criminal.

A concelleira de Benestar e Igualdade, Soledad Girón subliña que neste 25 de novembro, ao contrario que o do ano pasado, “no que buscamos a implicación de diferentes eidos da sociedade do Porriño, dende o deporte, pasando pola educación ou o asociacionismo, queríamos que houbese unha participación anónima salientando que todos temos que comprometernos na loita contra a violencia de xénero, e si en 2016 o noso lema era ‘O Non é un dereito’, este 2017 continuamos con ‘Si o Non é un dereito, respéctao”.

Hai que lembrar que este ano, o 'Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra a Muller', abrangue un completo programa de actividades que empezaron co ciclo “Mulleres de Cine”, un ciclo que ten coma ‘platea’ o Centro Cultural Municipal e o Círculo Recreativo e Cultural, inclúe a proxección de tres películas e un posterior coloquio dirixido por mulleres do mundo do audiovisual e  especialistas en xénero, e un concurso de tweets contra a Violencia de Xénero , son dúas das actividades que abrangue a programación da Concellería de Igualdade, que dirixe Soledad Girón, para conmemorar o ‘Día Internacional contra a Violencia de Xénero’.

O ciclo de cine comezou este mércores, día 22 (ás 20:00h.), coa proxección do filme “Jericó, el infinito vuelo de los días”, da directora Catalina Mesa, e coa presenza de Berta Ojea no coloquio posterior.

O segundo pase será o mesmo sábado, 25 de novembro-, co Centro Cultural Municipal, á mesma hora-. A película elixida é “Verano 1993”, da directora Carla Simón. A profesora María Lameiras será a encargada de conducir o debate.

A última película proxectarse o xoves 29-no Círculo ás 8 da tarde-. Trátase de “Brava”, da directora Roser Aguilar, que será a que conduza o coloquio.

Así mesmo, o Concello de Porriño convoca por primeira vez un ‘Concurso de Tweets contra a Violencia de Xénero’, “coa finalidade de sensibilizar y previr á cidadanía con presenza nas redes sociais contra a lacra machista”, sinala a concelleira Soledad Girón.

Neste concurso poderán participar todas as persoas que publiquen na rede social Twitter unha mensaxe contra a violencia de xénero, debendo acompañar a publicación coa etiqueta #PorriñoDiNONVX. As bases publicaranse na conta  @Porrinodiquenon.

As mensaxes e os contidos poderán estar escritos tanto en galego como en castelán e entrarán en concurso todos os tuits publicados entre as 00:00 horas do xoves día 23 de novembro e as 23:59 do luns, día 27 do mesmo mes.

A estas iniciativas súmase “Rap contra a Violencia de Xénero”, proxecto dirixido ao alumnado de Porriño e que cursa 2º e 3º da ESO.

A concelleira de Igualdade salienta a  orixinalidade da programación dirixida a todos os públicos pero cunha mensaxe clara que ten como destinatarios os mozos e as mozas. Así, sinala que “as e os adolescentes deben identificar as situacións de violencia e os poderes públicos temos a obriga de establecer as pautas de prevención, información e sensibilización”.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos