Rebeliom do Inframundo e Zur2djs, colofóns da Summerson Jam do Porriño

Dentro da programación das Festas do Cristo, Maison Música e Danza organiza xunto co Concello do Porriño o SummerSon Jam, un concurso de batallas de bailes de todos os estilos que amenizarán aos locais e visitantes na praza do Arquitecto Antonio Palacios durante toda a xornada do sábado 28, a partir das 11 h. Xa pola noite, a veciñanza poderá gozar das actuacións de Rebeliom do Inframundo e Zur2djs, que pecharán o SummerSon Jam.

O rap de Rebeliom do Inframundo

O grupo de Ponteareas, formado actualmente por Nervo (MC), Malvares de Moscoso (MC), Frank (MC/Produtor), Movementss (Produtor) e Pol (DJ), naceu no ano 2005. En estes case 20 anos e distintos paróns e cambios de componentes, o grupo ten publicados catro discos: A Sorpresa (2012), Lume e Rebeliom (2016), Ilegal (2019), e Amor ou barbarie (2023), un traballo que contou con concolaboracións como as de Wöyza, Hard GZ, Iria Medraño ou Treintañeras cañeras.

Rebellion do Inframundo foi Premio Martín Códax da Música no ano 2022.

Zur2djs, os DJs que pinchan música galega

Os compoñentes, Yago e Diego Fernández, son dous irmáns veciños de Torneiros que pinchan música alternativa de rap, rock, ska, ademais de música en galego de grupos actuais e música máis tradicional. O seu repertorio inclúe unha grade porcentaxe de música en galego e buscan unha alternativa como DJs enfocándose ao máis tradicional.

“O pinchar na praza do Arquitecto Antonio Palacios, no noso Concello, coa nosa xente, e antes e despois dun grupo tan relevante como Rebeliom, é unha gran oportunidade para nós, unha gran ledicia”, afirma Yago. “Encántanos poder formar parte por primeira vez das Festas do Cristo”, conclúe o DJ.

SummerSon jam, a competición de baile 2vs2

Trátase dun encontro de baile de 2 contra 2, baseado nos bailes urbanos, HipHop e BreakDance. Unha competición que amosa o traballo en equipo e a cooperación, a destreza, a disciplina, o esforzo e o afán de superación.

Este evento naceu no 2015 da man da Escola de Música e Danza Maison do Porriño, ano no que competiron 16 parellas. Na edición do 2023 xa se contou coa participación de 36 parellas e preto de 1.200 persoas asistentes.

Este ano celébrase a VII edición, con batallas de baile de todos os estilos, divididas en dúas categorías: Beginners, que actuarán pola mañá; e Avanzados, que o farán a partir das 16 h. Haberá 2.500 euros en premios para os tres gañadores de cada categoría. Deste xeito, as parellas Beginners recibirán 250€, 150€ e 100€, para as primeiras, segundas e terceiras clasificadas respectivamente. As tres primeiras parellas clasificadas da categoría Avanzados levaranse 1.200€, 500€ e 300€. 

Só poderán participar aquelas parellas que se inscriban previamente e teñan pagado pola súa praza: 5€/parella de Beginners e 10€/parella de Avanzados. Para máis información e inscricións, pódese contactar directamente no email reviravoltaproducions@gmail.com e no teléfono 600 304 056.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria