Preséntase no Porriño un inventario clave para impulsar o turismo e a enogastronomía no Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño

Novo paso decisivo de cara a un turismo de calidade e sostible no territorio de EuRural e do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño. Representantes institucionais de todos os municipios do Xeodestino mantiveron un encontro no Porriño para coñecer de primeira man o inventario de recursos do territorio, un minucioso documento que non só reflicte o estado actual dos medios cos que contan os concellos do Xeodestino, senón que tamén marca o punto de partida para un ambicioso proxecto turístico que promete transformar o territorio nun referente de natureza e enogastronomía.

O inventario recolle un total de 236 recursos clave entre sendeiros homologados, miradoiros e rutas cicloturistas nunha análise detallada que non só proporciona unha visión clara da oferta existente, senón que sinala tamén o estado de conservación de cada un destes elementos, o que permitirá orientar as futuras intervencións levadas a cabo ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística en Destino ‘A Despensa de Galicia’.

Durante o encontro, as e os representantes dos municipios validaron os traballos realizados e deron os primeiros pasos para marcar a estratexia a seguir en tres eixos fundamentais: a creación dunha rede de miradoiros do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, a homologación de rutas de sendeirismo que vertebren o territorio e que permitan crear un produto competitivo a nivel turístico e enogastronómico e a posta en marcha dunha rede de rutas cicloturistas.

O obxectivo é desenvolver un produto turístico atractivo, sostible e adaptado ás novas tendencias que convertan ao Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño nun destino turístico de natureza e sostibilidade, unindo o valor da súa paisaxe e da súa contorna coa riqueza enogastronómica de todos os concellos que o integran. A tecnoloxía e a xeolocalización xogarán un papel clave na promoción e divulgación deste proxecto, facendo do rural un espazo innovador e conectado coas novas necesidades tanto da poboación local como das e dos visitantes.

Con esta aposta firme pola sostibilidade e o desenvolvemento turístico, Eu Rural e o Xeodestino seguen avanzando no seu Plan de Sostibilidade Turística en Destino, reafirmando o seu compromiso coa valorización dos recursos naturais e culturais do territorio. O PSTD ‘A Despensa de Galicia’ forma parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), a estratexia formulada polo Goberno de España para acelerar a recuperación social e económica tras a pandemia da COVID-19 e que conta co apoio e o financiamento da Unión Europea a través do programa NextGenerationEU.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria