O Porriño reforza o seu servizo de atención temperá

O Concello do Porriño da un gran paso para mellorar a atención aos máis pequenos e asegurar que reciben o apoio necesario no seu desenvolvemento reforzando o seu Servizo de Atención Temperá con máis persoal e mellores instalacións. 

Este recurso, moi demandado pola veciñanza durante anos, comezou a súa actividade no Porriño no ano 2022  e desde entón serve de guía a centos de familias para tratar, da man de profesionais, trastornos do desenvolvemento en nenos e nenas de 0 a 6 anos.  No SAT do Porriño reciben unha atención conxunta e interdisciplinar abordando o desenvolvemento dos pequenos desde a psicoloxía, a fisioterapia e/ou a logopedia.

É neste último eido onde se detectou máis demanda, polo que se acordou ampliar o servizo de logopeda. Así se estipula nos pregos para a contratación do servizo que están xa en licitación, cun orzamento de 294.188,8 euros.

O reforzo deste recurso non pasa só pola ampliación do persoal senón que tamén se impulsa a súa reubicación nun local máis axeitado. A tal fin, xa se licitou a reforma e acondicionamento dun novo local na rúa Doantes de Sangue cun orzamento de máis de 72.478 euros, ao abeiro do Plan +Provincia 2024 da Deputación de Pontevedra.  Este novo espazo, que terá unha superficie útil de preto de 200 m2, contará con tres despachos para consultas, tres aseos e unha sala de xogos, o que permitirá ofrecer unha atención de maior calidade e comodidade aos/as nenos/as e ás súas familias.

“Este recurso é de vital importancia e por iso queremos que se preste nas mellores condicións”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Identificar e abordar de maneira temperá as necesidades do desenvolvemento dos pequenos e pequenas pode marcar unha gran diferencia no seu futuro e tamén no das súas familias. Ofrece unha orientación e un apoio necesario para axudar aos pais e nais a entender e tratar mellor as necesidades do

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria