O Porriño actualiza o seu inventario de bens inmobles tras máis de dúas décadas sen revisar

O Concello do Porriño dá un significativo na mellora da xestión do seu patrimonio coa actualización do Inventario Municipal de Bens Inmobles, tras máis de dúas décadas sen revisar. A entidade local vén de adxudicar a revisión, actualización e dixitalización do seu inventario por un importe de 32.500 euros, un notable avance para o municipio impulsado polo executivo local no seu compromiso coa transparencia e eficiencia na administración dos bens públicos.

“A inexistencia dun Inventario Municipal actualizado dificulta de forma importante a xestión dos elementos patrimoniais ademais de non garantizar a súa transparencia”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “De xeito reiterado desde o ano 2003 vense informando nas contas xerais do Concello da necesidade de contar cun Inventario Municipal actualizado para poder contabilizar correctamente os elementos en propiedade, os rexistros dos posibles aumentos de valor ou a amortización, como consecuencia da posible ampliación, modernización ou mellora dos bens públicos”.

“En definitiva, a actualización deste inventario é esencial para facer unha boa xestión dos recursos públicos e reforzar o noso compromiso coa transparencia administrativa”, concluíu Lorenzo.

Para isto, en primeiro lugar levarase acabo a investigación e actualización do Inventario Municipal de Bens, que abarcará a identificación, comprobación e ordenación dos bens que estean ou deban estar incluídos, que en base ao catastro rondan as 200 propiedades a catalogar. A continuación, procederase á actualización do Inventario do patrimonio público do chan no Concello do Porriño, un traballo que asegura que o inventario está completo e actualizado conforme aos contidos, alcances e extensións. Por último, implementarase a súa Dixitalización, que inclúe o patrimonio municipal do chan, cun programa informático de xestión e a creación dun proxecto SIX (Servizo de Información Xeográfica) para mellorar a accesibilidade e xestión dos datos. Alí poderán consultarse as propiedades do Concello e asociar a elas información de interese como a referencia catastral, calificación urbanística, se está en uso ou desuso, etc… En definitiva unha ferramenta que permitirá consultar, analizar e actualizar todos os datos.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria