O Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego do Porriño atendeu xa a máis de 370 proxectos

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, acompañou á directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, na súa visita ao Polo de Emprendemento e apoio ao emprego do municipio, quen puxo de relevo que desde a súa posta en marcha a finais do ano pasado ten atendido máis de 370 proxectos mediante unhas 750 titorías. O do Porriño está enmarcado na Rede de polos galega,  con 14 centros activos no territorio prestando asesoramento individualizado e gratuíto a calquera persoa que queira emprender un negocio ou consolidar o que xa ten.

No caso das iniciativas atendidas no Porriño, un 63% delas están impulsadas por mulleres. Entre o conxunto das titorizadas destacan as do sector servizos (31%), seguidas da hostalaría (12%) e da educación (11%). Así mesmo, ao abeiro do Polo do Porriño téñense realizado máis dunha trintena de accións entre reunións con entidades do territorio, formacións e eventos da Rede.

“Un recurso moi eficaz e que está a ter unha moi boa acollida”, apuntou o alcalde, “No Porriño hai moita xente emprendedora, xente con iniciativa que busca axuda para dar eses primeiros pasos”.

Bono Remuda

A responsable autonómica aproveitou a súa visita ao Porriño para lembrar que está activo -no marco da Rede de polos- o Bono Remuda, para que as persoas interesadas en facerse cargo dun negocio viable economicamente que pechou -ou está a piques de pechar- poidan coller as rendas da empresa e sufragar coa axuda da Xunta parte dos gastos de transmisión. Cun orzamento de 1,5 millóns de euros, o prazo de solicitude está aberto deica o 30 de outubro.

Os negocios obxecto de remuda deben ter o domicilio social e fiscal en Galicia e estar inscritos na Bolsa de remuda da Rede de polos de emprendemento. A remuda debe ser por xubilación ou próxima xubilación do titular do negocio. Tamén por causas sobrevidas como incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou falecemento, e deben terse producido entre o 1 de xaneiro e o 30 de outubro de 2024.

O Bono Remuda conta con dúas liñas de axuda. Á Liña 1-Bono remuda rural, para negocios situados en concellos de menos de 5.000 habitantes, destínase 1 millón de euros e fíxase un 75% de porcentaxe de subvención respecto do prezo estipulado no contrato de remuda. Mentres, a Liña 2-Bono remuda xeral, para municipios de 5.000 habitantes ou máis, conta con medio millón de orzamento e a porcentaxe de subvención será do 70%. Se se trata de remuda mediante alugueiro do local e/ou medios produtivos, o importe da achega será o correspondente aos primeiros 18 meses de aluguer.

No caso do Bono remuda rural, a axuda subirá un 10% cando a persoa que adquire o negocio sexa emigrante retornada, estranxeira ou empadroada no concello onde está a actividade que se traspasa. Ademais, nas dúas liñas haberá un 5% de aumento se quen se fai cargo é muller, menor de 30 anos, con 52 anos ou máis ou se o negocio traspasado ten máis de 5 traballadores. En total, a contía máxima subvencionable será de 30.000 euros.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria