O Concello do Porriño iniciou os trámites para licitar a contratación da primeira fase das obras de mellora que se levarán a cabo na Praza de Abastos, cun orzamento máximo de licitación de 106.000 euros.
O Concello informa dun corte na rede de abastecemento de auga situada nas rúas Antonio Palacios, Codesal, Pinar, Cruceiro e Pérez Leirós para realizar a reparación dunha avería. O servizo verase interrompido dende as 10.00 h. ata a primeira hora da tarde.
O Concello do Porriño, a través da concellería de Igualdade que dirixe Carolina González, pon en este mes un servizo gratuíto de ludoteca dirixido aos máis pequenos e pequeñas da casa. Este recurso estará disponible dende o vindeiro luns 11 de setembro e ata o día 28 do mesmo mes, en horario de tarde, de 16 a 20 h, pero o Concello traballa para dar continuidade ao mesmo co fin de facilitar a conciliación familiar.
As Festas do Cristo regresan este ano ao Porriño con máis dun cento de actividades para todos os públicos e gustos. Propostas deportivas, espectáculos, animación de rúa, monólogos, verbenas, concertos e moitas sorpresas conforman a programación que xa deu comezo esta fin de semana e que se prolongará ata o domingo 1 de outubro coa tradicional cita gastronómica dos callos, que este ano chega á súa trixésimo edición.
Un ano máis, e xa van dezaseis, o velódromo municipal do Porriño acollerá a Dirt Track Xacob Agra. Como cada ano, o motoclub Papaya en colaboración co Concello do Porriño, organiza esta carreira noturna que reunirá no óvalo porriñés a pilotos chegados de toda a xeografía galega e tamén do país veciño.
O Porriño posicionase como referencia cun dos eventos máis importantes da música urbana no país, o Negrita Music Festival, que terá lugar os días 9 e 10 de setembro. A catro días do evento o aforo roza o sold-out e serán arredor de 10.000 as persoas que vibrarán en cada unha das xornadas da que será a última gran cita da tempada estival no sur de Galicia.
Establecerase un control de acceso, libre e gratuíto para toda a poboación, que funcionará todos os días semana, en horario de mañá e tarde, con reforzo en época de exames