A Biblioteca Municipal do Porriño edita unha guñia con ducias de documentos, escritos e debuxos para promocionar e difundir a figura e a obra do arquitecto Antonio Palacios
O programa definitivo do ‘Entroido 2017’, ven de pendurarse na Praza de Antonio Palacios e nos milleiros de cartaces impresos, que levan un Código QR para poder acceder ao mesmo dende o teléfono móbil.
Alumnas e alumnos de Sexto do CEIP Fernández López aprenden, da man da Policía Local e Protección Civil do Porriño normas básicas de Educación e Seguridade Vial
Nenos e nenas de 2º de primaria dos colexios do Porriño participan dende esta semana nun obradoiro de Aprendizaxe da Linguaxe Canina. O mesmo xira ao redor do can ‘Choupa’ que, coa dirección dunha especialista amosa ás rapazas e rapaces menores de 14 anos cómo achegarse aos cans, recoñecer o intre no que é posible acariñalo, coma actuar diante del, que deben facer cando se atopan de fronte cun can ou que teñen que facer cando os tira ao chan.
A alcaldesa estudará cómo iniciar as reformas do inmoble do Centro Cultura A Forna, de Budiño, a humanización do seu exterior e a posibilidade de que teña unha conexión a Internet "rápida e segura"
Este domingo, 12 de febreiro ás 7 da tarde, o cineclube do Porriño acolle a proxección da película colaborativa “Visións”, enmarcada no proxecto da Deputación de Pontevedra “Cinema e Muller” que ten por obxectivo visibilizar ás creadoras do audiovisual da provincia, fomentando unha maior participación das mulleres na creación da cultura e da arte.
O Goberno Local asina un convenio cun "importante grupo inversor" que suporá a creación dunha grande área comercial e a transformación da rúa Antonio Palacios e a parroquia de Cans
Lembramos que o punto SmartPeme do Porriño, desenvolve durante o mes de febreiro diferentes actividades, de balde, na súa sede do Multicentro de Torneiros. As mesmas empezaron o pasado día 2 e continúan ata o día 22, a partires das 7 da tarde.
O Concello do Porriño desenrolará durante todo o mes de febreiro, un intenso programa cultural e de actividades, que van dende obradoiros, pasando por conferencias ou animación na rúa, que chegará ao seu punto álxido entre o 25 de febreiro e o 1 de marzo, coa celebración do 'Entroido 2017'.
O Concello do Porriño ven de ser distinguido por A Nova Peneira durante a II Gala organizada polo xornal. Ao acto, que tivo lugar no restaurante Manolo, asistiron máis dun cento de persoas, entre elas os alcaldes de Cangas, Ponteareas, As Neves e Gondomar, ademais de alcaldesa do Porriño, e voceiros e representantes de diferentes partidos, entre eles os concelleiros do Porriño, Soledad Girón, do Partido Socialista, Marcelino Coto, de UDDL, Pedro Pereira, voceiro do BNG, e Pedro Ocampo, portavoz municipal de EU SON.
A Concellería de Educación, que dirixe Lourdes Moure, impulsa a realización dun obradoiro, nos colexios do Porriño, dirixido a nenos e nenas de 2º de primaria, para a Aprendizaxe da Linguaxe Canina. O mesmo está enfocado a evitar as mordeduras.