IMG-20170615-WA0012.jpg
A Corporación do Porriño apoia ás nais e pais do CPI da Ribeira e rexeita, de novo, o peche das aulas da ESO do centro
Varios membros da Corporación Local, entre eles a alcaldesa, Eva García de la Torre, a concelleira de Educación, Lourdes Moure, e o voceiro de EU Son, Pedro Ocampo apoiaron, de novo, a reivindicación das nais e país do Centro Público de  Integración (CPI) da Ribeira para que non se pechen as aulas de Ensino Secundario Obrigatorio (ESO), do mesmo.
Porrigalia-Bien.jpg
Xa podes inscribirte para participar en Porrigalia 2017
As persoas interesadas en participar en Porrigalia 2017, que se celebra no Porriño, organizada polo Concello, os días 21,22 e 23 de xullo, xa poden entrar no portal web porrigalia.gal e inscribirse dentro dos ‘Gremios’ que  estarán presentes na festa; integrar as Comparsas que desfilarán na mesma ou solicitar un dos postos que se abrirán nela.
Un-dos-paneis1.jpg
Colocados os primeiros paneis que explican os elementos culturais, arqueolóxico, históricos e naturais do Porriño
O concelleiro de Urbanismo, Marcelino Coto, supervisou a colocación dos primeiros paneis explicativos que xa están diante de varios dos elementos culturais máis importantes do Porriño.
foto-pleno.jpg
Convocatoria do Pleno Extraordinario do Concello para este xoves, día 15 de xuño, ás 7 da tarde
A alcaldesa, Eva García de la Torre, ven de convocar un Pleno Extraordinario da Corporación para este xoves, día 15 de xuño, ás 7 da tarde, que tratará, na súa totalidade, de temas económicos relacionados coa xestión municipal.
Facebook.jpg
SmartPeme do Porriño imparte, totalmente de balde, dous talleres sobre Facebook dirixidos a PEMES e autónomos
A semana que ven, o Punto SmartPeme O Porriño, que ten o seu centro no Multiusos Municipal de Torneiros, imparte dous talleres dirixidos a PEMES e autónomos e totalmente de balde.
pdf-150x150.png
Licenzas
Alumnas-e-alumnos-do-Pino-Manso.jpg
As alumnas e alumnos do Pino Manso reciben este luns o 'Premio de Cooperativismo' do Goberno de Galicia
Os alumnos e alumnas do IES Pino Manso recibirán este luns –ás 11 e media da mañá- o ‘Premio de Cooperativismo’ do Goberno de Galicia, pola realización dun mapa dixital de accesibilidade en cadeira de rodas a establecementos da contorna empregando as novas tecnoloxías.
DSC_2832.jpg
A alcaldesa e a concelleira de Educación inauguran, xunto co autor e estudantes do Porriño, a poesía visual 'Azabache'
A alcaldesa, Eva García de la Torre, xunto coa concelleira de Educación, Lourdes Moure, asistiu este venres á inauguración do poema visual ‘Azabache’, do poeta e dramaturgo vigués David Fernández, poema que está xa na fachada da Piscina Municipal.
Moringa.jpg
Este domingo, 11 de xuño, V Mercado Saudable do Porriño
Este domingo, día 11 de xuño, O Porriño será o escenario, por quinto ano consecutivo, dunha nova edición do Mercado Saudable, como lembra o concelleiro de Comercio, Marcelino Coto quen, xunto coa presidenta da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, ‘Mensa’ Rodríguez, o membro desta asociación, Demetrio Calvo, e organizador, Carlos Rodríguez, presentou o mesmo o pasado mércores.
Vías e Obras
Carrera-e-Conde.jpg
Manuel Carrera e o conselleiro Francisco Conde tratan a posta en marcha de "importantes proxectos enerxéticos" para O Porriño
O concelleiro de Vías e Obras, Manuel Carrera, mantivo este mércores unha xuntanza en Santiago co conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, para tratar distintos temas de interese para O Porriño.