A alcaldesa Eva García de la Torre, e o presidente de Sogacsa, César Fernández Álvarez, asinaron este venres un convenio que permitirá que 15 persoas do Porriño que están en situación de desemprego, participen nun programa formativo, que combina instrución teórica e prácticas non laboráis, que terán coma finalidade a posibilidade de que os mesmos poidan entrar a traballar na propia empresa.
A nova Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia.
Unha reforma “completa” das escaleiras de Cans, que viñan reclamando dende hai tempo as veciñas e veciños, dado o estado das mesmas “que estaba a poñer en perigo a integridade daquelas persoas que as utilizaban”.
Dende á Concellería de Mocidade (OMIX) do Concello do Porriño en colaboración ca Deputación Provincial de Pontevedra, está previsto poñer en marcha o programa ‘Tecendo Lazos’.
Os traballadores de Maderas Iglesias, reunidos en asemblea,amosáronse a prol de que o Concello do Porriño sexa un dos mediadores no conflito que o persoal mantén coa dirección da empresa.
A Concellería de Vías e Obras, que dirixe Manuel Carrera, está a levar adiante traballos de mellora do saneamento na estrada provincial EP-2405, na zona de Casal-Budiño, obras que indica o concelleiro, foran solicitadas en moitas ocasións polas veciñas e veciños da zona e que, finalmente, están xa en marcha.
Trátase dun proceso no que nenos, nenas e adolescentes dos distintos centros públicos do Porriño, terán a oportunidade de expresar a súa opinión sobre aqueles aspectos que mais lle preocupen, así como tamén achegar as propostas de solución que consideren, co compromiso de que serán tidas en conta polo Goberno Municipal.
A entidade ‘Llega 800’, está a levar adiante no Porriño as actuacións técnicas necesarias nas instalacións de recepción dos usuarios da TDT, que son de balde para os veciños afectados polo inicio da prestación do servizo de telefonía móbil 4G, que pode afectar á recepción da televisión dixital terrestre.
20 personas que estaban na procura de emprego, poderán traballar ata xullo de 2018 e, ao mesmo tempo, adquirir unha formación coma técnicos de atención sociosanitaria en domicilio e institucións e auxiliares da construcción, no obradoiro de emprego ‘Covelo II’.
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e o concelleiro de Tráfico, Orlando Márquez, mantiveron este martes, en Vigo, unha xuntanza, solicitada polo Goberno local, co xefe territorial da Consellería de Infraestruturas en Pontevedra, José Luis Díaz Yañez, na que expuxeron os problemas causados na vila tras a posta en marcha do novo Plan de Transportes.