Biblioteca-Municipal.jpg
A Biblioteca Municipal do Porriño, unha das 4 mellores bibliotecas públicas de Galicia, segundo os datos da Xunta
A Biblioteca Municipal do Porriño, que depende directamente da Alcaldía, é segundo os datos proporcionados pola Xunta, unha das 4 mellores bibliotecas públicas de Galicia.
09849172-bf0d-4c92-b9e2-67e9ce8da523.jpg
@festivaldecans contará con Kevin Weatherill, dos Immaculate Fools, estreará o 'Invernadoiro', un novo espazo para o audiovisual e a música
O Festival de Cans inaugura este ano o ‘Invernadoiro’, un novo espazo para o audiovisual e a música, e faino coa visita de Kevin Weatherill, un artista de relevancia internacional no pop das últimas décadas.
Gestamp1.jpg
11 porriñesas en situación de desemprego consiguen traballo logo de completar a súa formación coma soldadoras nos programas impulsados pola Concellería de Emprego
16 persoas en situación de desemprego veñen de rematar a primeira parte da formación do Curso de Soldadura, organizado pola Concellería de Emprego e Igualdade, que dirixe Soledad Girón, e que tivo unha duración de 40 horas.
ESTADO-FINAL-calle_25042018.jpg
O Goberno local levará a cabo unha reforma e humanización integral da Avenida de Galicia, cun investimento de 600.000€ dinanciado con cargo ao 'Plan Concellos 2018' da @depo_es
O Goberno local do Porriño acometerá a reforma e humanización integral da Avenida de Galicia, un proxecto que disporá dun orzamento total de 600.000€ e que estará financiado con cargo ao ‘Plan Concellos 2018’ da Deputación de Pontevedra.
87635f5b-d514-4e98-aac3-fe3cb9a9a970.jpg
@festivaldecans incorpora 9 curtas a 'FuraCans', a súa nova sección competitiva de non ficción
Por primeira vez na súa historia, o Festival de Cans incorpora na súa Sección Oficial unha competición de curtametraxes de non ficción, que leva o nome de ‘FuraCans’.
Obras-asfaltado-O-Contrasto-xoves-26-de-abril.jpg
Remata o asfaltado do Contrasto e este venres os técnicos e a directora da obra reúnense para tratar do proxecto para levar a Rede Municipal de Abastecemento a todo o barrio
Este mesmo xoves rematou o asfaltado no barrio do Contrasto, en Torneiros, para tapar o pavimento nas zonas da catas realizadas polos técnicos da Xunta de Galicia que tomaron mostras para a realización dun ‘mapa’ sobre a presencia de lindano.
0636e1a2-dc76-4756-b277-5bc03d2ed2e8.jpg
@festivaldecans ten este ano a Burning coma prato forte da súa oferta musical
O mesmo espírito ecléctico que traslada a selección audiovisual do Festival de Cans está nas bandas e artistas que estarán nesta 15ª edición do certame.  Dende nomes consagrados como os Burning ou Magín Blanco a grupos novos e cada vez máis populares como Esteban & Manuel, a proposta busca atender a todos os públicos, buscando a variedade de estilos coa calidade como denominador común.
Luminarias-novas.jpg
As medidas adoptadas polo Goberno local para a mellora do alumeado e o cambio de caldeiras supoñen 100.000€ anuais de aforro no recibo do subministro de enerxía e 220 toneladas menos de emisión de dióxido de carbono á atmosfera
Esa é a cantidade que deixará de pagar o Concello do Porriño e a de CO2 que deixarán de respirar as veciñas e veciños logo das iniciativas postas en marcha pola Concellería de Vías e Obras, que abranguen dende a renovación das instalacións do alumeado público, a substitución de 1.200 novas luminarias led, o cambio de caldeiras por outras tipo de ‘pallets’ ou a eliminación de parte dos coñecidos como ‘puntos de tantos alzados’ por modernos contadores que permiten a facturación real e que se pague pola enerxía consumida en realidade.
95f7f701-8e0f-4ecb-9b37-087823b09749.jpg
A exposición de fotografía 'Viaxando', aberta na OMIX do Porriño, no Centro Cultural Municipal, ata o vindeiro día 30
Ata o vindeiro luns, día 30 de abril, está aberta na OMIX do Concello- na planta baixa do Centro Cultural Municipal- a exposición de fotografía “Viaxando” que amosa os traballos presentados ao Certame de fotografía do mesmo nome.
PC.jpg
Talleres da semana no punto SmartPeme do Porriño
O punto SmartPeme do Porriño  impartirá distintos talleres a semana que ven, na súa sede no Multicentro de Torneiros, aos que as persoas que queiran poden anotarse chamando ao teléfono 886 20 20 20 ou entrando no portal web SmartPeme  - www.smartpeme.depo.es
palco-de-san-benito-1-┬®Xulio-Gil.jpg
A Biblioteca Municipal invita as porriñesas e porriñeses a coñecer o seu patrimonio e realizar unha visita guiada a San Benito e San Sebastián
Dentro do programa de actividades da Biblioteca Municipal do Concello do Porriño, o 23 de abril, co gallo da celebración do ‘Día do Libro’ terá lugar a actividade: ‘O Noso Patrimonio’, un paseo polos barrios de San Benito e San Sebastián.
Pleno-Infantil.jpg
O Pleno Infantil aproba o borrador do regulamento do Consello Municipal da Infancia e da outro paso de cara ao recoñecemento do Porriño, por parte de UNICEF, coma 'Cidade Amiga da Infancia'
Nenos e nenas do Porriño, integrantes do Consello Municipal de Infancia, participaron nun novo Pleno Infantil que tivo lugar esta mesma semana no Concello.