As porriñesas e porriñeses están convocados este venres, día 1 de xuño, ás 8 da tarde, a unha manifestación que baixo o lema ‘Non ao tren polo centro do Porriño’ esixirá ao Goberno do Estado a eliminación do actual paso a nivel e o desvío das vías que atravesan o casco urbano.
A campaña de loita contra a ‘Vespa Velutina’, que empezara a mediados do mes de febreiro, e que consistirá en repartir 500 trampas -300 máis que o ano pasado- e 175 litros de líquido atraínte deste insecto, en todas as parroquias do Porriño, deu coma resultado a eliminación de máis de 25.000 exemplares de raíñas.
A 15ª edición do Festival de Cans , que contou coa meirande achega do Concello do Porriño na historia do certame, congregou ao longo dos seus catro días de duración a unhas 12.000 persoas que esgotaron todas as sesións con entradas á venda, ben anticipadamente ou durante a celebración do evento. “Sigue quedando patente deste xeito a existencia dun público fiel, tanto local como foráneo, moi diverso e interxeracional”, indican dende a organización.
A concelleira de Comercio, Formación e Emprego de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, e a responsable da área de Benestar , Emprego e Igualdade do Porriño, Soledad Girón, presentaron este luns a ‘II Andaina dos Sentidos’, que será o vindeiro domingo, día 10 de xuño.
Estender as liñas de bus ata os polígonos industriais do Porriño, estudar a posibilidade de crear ‘circuítos circulares’ que comuniquen os diferentes concellos da zona sur entre sí, “tal e coma debería terse feito no Plan de Transporte Metropolitano da Xunta”, reforzar as comunicacións e frecuencias coas parroquias, comezando por Torneiros, e aumentar o número de vehículos que conten con ramplas e plataformas adiadas para persoas con diversidade funcional.
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, Santos Héctor Díaz, deputado responsable de Promoción Turística da Deputación de Pontevedra, Marcelino Coto, concelleiro de Comercio, Juana Pérez, presidenta da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR), o presidente da Asociación de Panadeiros e a cociñeira Marta Rodal, pregoeira desta edición, resentaron este luns, a III Feira do Pan do Porriño que este 2018 celébrase os días 1 e 2 de xuño, venres e sábado, na Praza de San Benito.
A Deputación de Pontevedra organiza para este luns, ás 11 e media da mañá, no salón de actos do Centro Cultural do Porriño a segunda das actividades socioculturais previstas para este ano e dirixidas ás persoas usuarias do servizo de Teleasistencia Domiciliaria.
‘Matria’ foi a grande gañadora da 15ª edición do Festival de Cans, que entregou este sábado, día 26 de maio os seus premio. A curtametraxe de Álvaro Gago fíxose con catro premios: Mellor curta de ficción, Premio do Público, Premio AISGE á mellor interpretación feminina para Francisca Iglesias e o Premio do Xurado dos veciños.
O Festival de Cans chega este sábado ao seu ‘día grande’ cun programa de 16 horas seguidas que arrancaron ás 10 da mañá co ‘CanSonoro’, o roteiro musical con Xurxo Souto que saíu da Rotonda do Can.
Un ano máis, o Festival de Cans chega á súa fin e faino por todo o alto, coa entrega dos premios desta 15ª edición pero tamén co audiovisual, a música e os encontros máis interesantes. Ás 11 da noite desvelarase no Torreiro cales son as obras que acadan un lugar no palmarés de entre as diferentes seccións que o público terá oportunidade de ver nos baixos e jalpóns ao longo do día: Ficción, Animación e Non ficción (FuraCans).
O Goberno local do Porriño, dacordo cos organizadores da VI edición do 'Triatlón Concello do Porriño”, logo da explosión ocorrida no barrio de Paramos, en Tui, veñen de decidir a suspensión da proba que ía disputarse o vindeiro sábado día 26 de maio. Hai que lembrar que parte do percorrido do triatlón estaba previsto que transcorrise polo concello de Tui.