A concelleira de Emprego e Servizos Sociais, Soledad Girón, visitou este martes aos participantes no Obradoiro de Emprego Covelo II que este xoves, día 12, chega á súa clausura oficial.
O vindeiro luns, día 9 de xullo, ás 8 da tarde, na Praza de Antonio Palacios, diante do Concello, as personas que se acheguen á mesma poderán gozar co Mago Teto, un dos magos máis veteranos e relevantes a pesar da súa xuventude. Habitual na televisión desde os seus comezos, goza de grande popularidade e recoñecemento.
Aumentar a seguridade vial coa construción de tres novas rotondas, controlar o cumprimento da ordenanza municipal que limita as horas de estacionamento de camións ou que o transporte metropolitano chegue ata o polígono industrial, foron algún dos temas tratados pola alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e empresarios da Entidade Urbanística de Conservación da Granxa, co seu presidente, Indalecio Cuevas, á cabeza, nunha xuntanza que as dúas partes cualificaron de “moi positiva”.
O Concello vén de publicar as Bases e Convocatoria para a concesión de premios a Comparsas e Asociacións Culturais e Veciñais do Porriño que participen na celebración de 'Porrigalia 2018'.
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, supervisou este mércores as obras que están a realizarse no barrio do Contrasto, onde apareceron refugallos de lindano, para levar a rede municipal de abastecemento de auga a todas as vivendas que carecían deste servizo, e que hai días que acometeu o Concello nesta zona de Torneiros e nas que se investirán uns 350.000€ que serán sufragados, na súa totalidade, con fondos municipais.
O número de desempregados no Porriño estaba, a finais do pasado mes de xuño a niveis de hai dez anos. En total, 1.430 personas estaban anotadas coma demandantes de emprego na vila, 66 menos que o pasado mes de maio, o que representa un descenso do paro dun 0,7%.
A Concellería de Vías e Obras, que dirixe Manuel Carrera, vén de acometer, con cargo á subvención do ‘Plan Marco 2018’, da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, a mellora de camiños na parroquia de Pontellas, unha vella reivindicación dos veciños da mesma que, salienta Carrera, agora faise realidade.
O Concello vén de publicar as bases para a colocación dos postos, na rúa Manuel Rodríguez, da Festa de San Benito, que se celebra os días 10, 11 e 12 deste mes de xullo.
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar novas achegas para o concello do Porriño dentro da Liña 1 do “Plan Concellos 2018”, por importe de 715.427,49€.
Xa está en marcha o Programa Cultural Municipal deste mes de xullo que será especialemente intenso, pois ás actividades programadas dende a Concellería de Cultura, súmanse a celebración de 'Porrigalia', os días 20, 21 e 22, e as Festas de San Benito, os vindeiros días, 10, 11 e 12.
O concelleiro de Deportes do Porriño, Manuel Carrera, e o presidente do Club Furaventos, Gerardo Martínez, presentaron este martes o ‘Campionato de España F3U’ e o ‘Campionato da Liga Galega de Drones’ que organiza o club porriñés por delegación de Real Federación Aeronáutica Española e a Federación Aeronáutica Galega.