Javier Soria Pastor, considerado un dos “gurús” da seguridade informática en España, ponente en numerosos congresos, participou esta mañán na segunda xornada do curso sobre “Violencia de Xénero Dixital” promovido polo Concello de Porriño que se desenrola no centro Cultural Municipal. Inscribironse 25 persoas entre axentes de Forzas e Corpos de Seguridade e profesionais que interveñen na investigación destes feitos e na atención das víctimas.
Por primeira vez na historia do Concello de Porriño, haberá un organigrama e relación de postos de traballo do persoal que traballa na administración municipal. A proposta da “RPT” levouse hoxe ó pleno da corporación e aprobouse por maioría 11 votos a favor (PSOE e PP) e catro abstencións de UDDL, BNG, EU-Son e a concelleira non adscrita, Sabela Landín. Nesta sesión plenaria non acudiron dous representantes, un de UDDL e outro do PP.
Vintecinco profesionais entre gardas civís, policías nacionais e locais así como outros axentes que interveñen na atención ás víctimas inscribironse noutro dos cursos que promove o Concello de Porriño con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Esta noite conclue "O Porriño Street Food", evento que trouxo un ambiente de animación extraordinario ao combinarse coas diversas actividades de lecer que se desenrolaron ó longo dos tres días.
Con 138 mulleres inscritas das que finalmente participaron hoxe 127, arrancaron as clases do curso de defensa personal feminina e protección xurídica. Trátase dunha actividade formativa promovida polo Concello de Porriño, subvencionada con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e organizada pola Policía Local.
Oito stands de librarías, quince actos de presentacions, coloquios e firmas de libros e vinte autores que estarán presentes, son alguns dos números máis salientables da IV Feira do Libro de Porriño que arrancará o vindeiro 9 de maio. Entre os escritores que pasarán pola Feira estarán Ledicia Costas, María Soliño, Raquel Castro, Sonia Mirón ou o porriñés Diego Giráldez co seu libro “Hotel para coleccionistas” publicado recentemente por "Edicions Galaxia".
Ata catro ofertas diferentes de cultura e ocio terán hoxe os porriñeses e cantos nos visiten para poder elexir e disfrutar ó longo da tarde e da noite. Estarán concentradas, case todas, nos arredores da casa consistorial, ó longo da praza Arquitecto Antonio Palacios e na rúa peonil. Combinarán tradición coma os maios e as cantareiras, ritmos actuáis coma o breakdance, gastronomía e mercado na rúa coa “Porriño Street Food” e música moderna a cargo dos grupos que intervirán no concertó de peche do programa de ocio xuveil “Vive a Cultura Urbana”.
Lembramos que mañán sábado día 4 de maio arrancará o curso de Defensa Persoal Feminina e Protección Xurídica que promove o Concello de Porriño, organizado a través da Xefatura da Policía Local.
Todo un record de participación con 123 mulleres inscritas evidencia unha extraordinaria resposta que tén recibido o curso de "Defensa Persoal Feminina e Protección Xurídica contra Violencia de Xénero, que organiza o Concello de Porriño a través da Policía Local. Ainda que a meirande parte son de Porriño e bisbarra, tamén hai mulleres de Vigo e Pontevedra que se inscribiron. “De calquera idade e profesión: hai desde rapazas de 12 anos ata mulleres de 65 e de todo tipo de traballos avogadas, sicólogas, amas de casa, estudantes, xubiladas… Estamos encantados da resposta obtida que supera calquera previsión que poideramos ter de antemán”, valorou Daniel Rodríguez, Inspector Xefe da Policía Local que coordina a organización.
O xoves día 2 de maio, terá lugar no Círculo Recreativo Cultural, ás 19 horas, un concerto a cargo da Banda do Conservatorio Superior de Música de Vigo. Dirixirá Juan Carlos Díaz Alvarez.
Unha extraordinaria resposta tén recibido o curso de "Defensa Persoal Feminina e Protección Xurídica contra Violencia de Xénero" con perto de 100 mulleres inscritas, segundo datos da Policía Local de Porriño. Ainda que a meirande parte son de Porriño e bisbarra, tamén hai mulleres de Vigo e Pontevedra que se inscribiron. Por este motivo, para garantir o aforo e a comodidade para o desenrolo das clases, o curso impartiráse no Pavillón Municipal de Deportes, segundo adiantou Daniel Rodríguez, Inspector Xefe da Policía Local que coordina a organización.Mañán xoves día 2, a partir das 13 horas presentaráse en roda de prensa no salón de plenos do consistorio o programa de formación que recibirán as mulleres inscritas a partir do vindeiro día 4 e nos tres seguintes sábados do mes de maio.Tamén presentaráse na mesma roda de prensa o curso de “Violencia de Xénero: ámbito xurídico e tecnolóxico forense", adicado ó persoal dos Corpos e Forzas de Seguridade e profesionais que interveñen na atención e investigación desta casuística. A roda de prensa será protagonizada pola alcaldesa de Porriño, Eva García; a concelleira de Seguridade, Lourdes Moure e mailo Inspector Xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez.
A cidade de Porriño converteráse na capital do ciclismo pontevedrés durante as vindeiras semanas ó reunir a perto dun milleiro de participantes nas probas que organiza o club ciclista “Master da Louriña”. Unha de elas, a “Xarotos Gran Fondo” co patrocinio do Concello de Porriño e Deputación Provincial, definese como “proba ciclodeportiva” que se disputará o domingo 12 de maio.