IMG_5471.jpg
Dende o xoves, corte de tráfico na rúa Manuel Rodriguez pola montaxe de stands da IV Feira do Pan do Porriño
A Policía Local de Porriño informa que o xoves 30 de maio, a partir das 8 horas da mañan, prohíbese o aparcamento de vehículos na rúa Manuel Rodríguez, dende a intersección coa rúa Xogo da Ola, ata a altura do nº 84 da rúa Manuel Rodríguez. E a partir das 8,30 horas, cortarase o tráfico de vehículos pola citada rúa para comezar a montaxe dos stands para a IV Feira do Pan do Porriño que terá lugar os vindeiros sábado 1 e domingo 2 de xuño.
Banner-triatlon-2019.jpg
A deportista local Ana María Gónzalez Cuña será a madriña da presentación do VI Triatlón Concello do Porriño
Mañan xoves día 30 terá lugar a presentación da VI edición do Triatlón Concello do Porriño que se desenrolará na praza Arquitecto Antonio Palacios, a partir das 13 horas. A ciclista local Ana María Gónzalez Cuña, actual subcampeona galega de BTT Master 40, actuará de madriña, invitada polo Concello coa intención de render na súa persoa, unha homenaxe a todas as mulleres deportistas. Por esa mesma razón este ano a iconografía do Triatlón baseáse na cor morada.
9ffdd322d883c7ac3c2d4745bad25d5d.jpg
Charla sobre "Empatía e boa comunicación"
O venres 31, ás 19,30 horas, no Centro Cultural Municipal, dous especialistas en comunicación invitados polo Concello de Porriño ofrecerán unha charla titulada “A importancia da empatía e boa comunicación”. .Soledad Girón, concelleira de Servizos Sociais ponderou "a enorme valía dos dous poñentes" que protagonizarán esa charla “por tratarse de profesionais con ampla experiencia”. Tratase de Belén Varela, licenciada en dereito, experta en organización e persoas, impulsora do “Movemento FET (Felicidade no Traballo); e Javier Cebreiros Fernández, doctor en comunicación, socio de “Hub Vigo”, colaborador en diversos medios de comunicación e autor do libro “Olvida tu lenguaje corporal”.“Encargaranse de facilitar as ferramentas necesarias para a xestión de emocións, para o desenvolvemento de habilidades sociais e mellora do proceso de comunicación”, segundo explicou a concelleira. Esta charla é aberta ó público.
IMG_5471.jpg
A sede de "Turismo Rías Baixas" en Pontevedra acollerá a presentación a nivel provincial da IV Feira do Pan do Porriño
Deputación de Pontevedra, a través do organismo “Turismo Rías Baixas” acollerá mañan mércores 29, unha nova presentación da IV Feira do Pan do Porriño que terá lugar os vindeiros días 1 e 2 de xuño. Trátase dunha acción informativa de ámbito provincial que complementará a presentación previa que se fixo no Concello de Porriño o pasado 20 de maio. A esta comparecencia en Pontevedra asistirán Eva García, alcaldesa de Porriño, Santos Héctor, deputado provincial delegado de Turismo e representantes da patronal local ACIPOR e do sector de panaderías de Porriño.
logo-elecciones-26-mayo-2019.jpg
Resultado eleccións municipais 26 de maio co 100% escrutado
O Ministerio de Interior xa publica na súa páxina web os resultados provisionais co 100% do escrutinio das eleccións municipais.Votaron 10.918 porriñeses dos 15.998 censados para estes comicios do 26 de maio. Polo tanto houbo un 69,51% de participación e unha abstención cifrada no 30,49% (4789 electores non exercitaron o seu dereito ó voto).
concello_do_porrino-1024x683.jpg
15998 PORRIÑES@S DECIDIRÁN HOXE
Un total de 15.998 porriñeses e porriñesas forman o censo electoral residente de Porriño para estes comicios locais e europeos do domingo 26 de maio, segundo o dato oficial recollido polo Instituto Nacional de Estadística.
cec_redes_v2-1.jpg
"CORTO E CAMBIO": presentamos as dez pezas audiovisuais elaboradas por alumnos porriñeses para alertar contra o consumo de drogas, alcol e tabaco.
Segundo anunciou a OMIX, subimos a esta páxina web do Concello os dez traballos audiovisuais elaborados por alumnos porriñeses que participaron no programa "Corto e cambio". As curtas presentaronse o pasado martes no Centro Cultural Municipal como colofón do ciclo formativo para a prevención de consumos de drogas, alcol e tabaco entre a mocedade porriñesa.
IMG_5608.jpg
CONCELLO DE PORRIÑO SUBVENCIONA UNHA CAMPAÑA DE ESTERILIZACIÓN DE GATOS PROMOVIDA POLA PROTECTORA DE ANIMAIS
Directivas da asociación "Lena Protectora de Animais" estiveron hoxe no Concello de Porriño para comentar os preparativos da campaña de esterilización de gatos que emprenderán a partir da vindeira semana no centro urbano da cidade. Reunironse coa alcaldesa, Eva García e a concelleira de Seguridade, Lourdes Moure.
60fb27e5-247d-4b74-9db6-60f633c0d2c3.jpg
Conclue o curso de defensa persoal feminina que podería ter continuidade moi cedo
A alcaldesa Eva García de la Torre asegurou que “o Concello de Porriño subvencionará un segundo curso de defensa persoal feminina” como continuidade do que rematará mañan sábado 25. A idea de continuar con máis clases xurdeu dalgunhas das participantes de Porriño que prantexaron esa idea ó Inspector Xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez. Rápidamente acadaron que ó redor de 60 mulleres se sumaran á súa iniciativa. A proposta chegou á alcaldesa que lles manifestou que o Concello subvencionaría o custe de seguir con dúas clases mensuais que se manterán os sábados. Por outra banda, mañan terá lugar a entrega de diplomas acreditativos do curso de defensa persoal e protección xurídica ás 130 mulleres participantes, no Pavillón Municipal de Deportes de Porriño
cartel-festival-de-Cans-2019.jpg
XVI FESTIVAL DE CANS: esta noite "procesión de chimpíns", proxección de apertura no Círculo e outras actividades na praza do Concello
Hoxe xoves, na segunda xornada do Festival de Cans, a meirande parte da actividade de tarde e noite concentrase no entorno do Concello. A partir das 19 horas chegarán a banda de gaitas“Os Zoqueiros” para amenizar a icónica “procesión de chimpíns” que sairá coa comitiva oficial de autoridades e invitados, dende a praza Arquitecto Antonio Palacios. Despois dun percorrido por diversas rúas, a procesión de chimpíns rematará no Círculo Recreativo Cultural onde terá lugar (20 h.) a proxección de “Eroski Paraíso”, coa presenza de Jorge Coira e Xesús Ron, directores da cinta, elenco de actores e outros membros do equipo técnico. No reparto de este filme figuran Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo e Cris Iglesias.
aviso_policia_local.png
Aviso de corte de tráfico na estrada N-120 polo Festival de Cans, entre o venres e o domingo.
A Xefatura Provincial de Tráfico autorizou o corte de circulación na estrada Nacional 120 co gallo do Festival de Cans, segundo informa a Policía Local de Porriño.
IMG_5408.jpg
Concello de Porriño encargou á empresa “Rentokil” a loita biolóxica para contrarrestar a presenza masiva de pombas
O Concello de Porriño, ante a petición xeralizada de taxistas, locais de hostalería e moitas comunidades de veciños de edificios do centro urbán, vén de contratar á empresa “Rentokil” para controlar a poboación de pombas mediante métodos de loita biolóxica. A empresa que ten sede no polígono porriñés da Granxa, está a expensas da autorización da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia para iniciar as labouras de trampeo que deberán alongarse durante un ano, a través de accións mensuais.