Fernando Baena, xerente da Oficina do Catastro para a provincia de Pontevedra, reuniuse hai uns días coa alcaldesa Eva García, membros do equipo de goberno e staff técnico do Concello para prantexar “a urxente necesidade de abordar unha revisión dos valores catastrais no termo municipal”.
Lourdes Moure, alcaldesa accidental de Porriño firmou hoxe a licenza de obra e comunicación previa de actividade para a futura estación loxística de “Amazon” para o noroeste que terá a súa sede nunha nave do polígono industrial de Prado-Budiño.
Os datos aportados esta semana polo Instituto Galego de Estadística (IGE) son concluintes: Porriño é o concello da provincia que mellor combate a crise demográfica. No ano 2018 Porriño tivo un saldo vexetativo positivo é dicir máis nacementos que defuncións. Segundo o departamento do padrón municipal en 2018 tivemos 180 nacementos e producironse 121 falecementos en Porriño.
O Concello de Porriño informa que a sesión plenaria da corporación municipal que ía celebrarse este serán ás 19 horas, cancelouse. O motivo é un erro administrativo na redacción da convocatoria.
A firma multinacional de venta “on line” Amazon e o Concello de Porriño anuncian a inminente apertura dunha nova neste termo municipal e que vai xenerar 60 postos de traballo. Segundo os plans de “Amazon” a nova estación abrirá este verán nunha superficie de 4.000 metros cuadrados con 30 traballadores. Ö mesmo tempo “Amazon” contratará a dúas empresas de reparto independentes que contratarán a 30 conductores que recollerán na central loxística de Porriño os paquetes e realizarán os repartos por Vigo y sua área metrpolitana así como en Pontevedra e resto da provincia.
Mellora do valado e peche perimetral; ampliación da sinalización de perigo e estudar posibles sancións tanto a vehículos como peons que ainda así accedan ás canteiras, son as tres medidas que se acordaron hoxe na reunión entre Concello de Porriño e titulares das explotacións de Atios para bloquear o acceso de bañistas e curíosos.
A Alcaldesa de Porriño vén de convocar para pasado mañá, venres 26 de xullo, unha reunión cos responsables das empresas que teñen a explotación das canteiras que están inoperativas e que, pese a prohibición, están a ser utilizadas para baño ou para realizar fotos cos conseguintes riscos.
A alcaldesa do Porriño, Eva García e a concelleira de Educación, Lourdes Moure mantiveron unha reunión de traballo na gardería de Torneiros coa xerente adxunta do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Carmen García Campelo.
O Concello do Porriño trasladou a súas felicitacións ó ciclista Jorge Punzón polos seus títulos no Campeonato de España de BTT en modalidades XCO e XCE, disputados o derradeiro fin de semana na localidade navara de Arguedas.
Eva García, alcaldesa do Porriño presidiu este mediodía a concentración de repulsa polo crime machista acontecido onte en Vilalba. O acto celebrouse diante do Concello, na praza Arquitecto Antonio Palacios coa presenza de veciñas, veciños e representantes dos grupos políticos da corporación municipal de Porriño.