A Policia Local de O Porriño informa que esta tarde, a partir das 20 horas e ata que finalice a carreira, haberá cortes de tráfico breves nas rúas do percorrido para o paso dos participantes.
Vinte porriñeses e porriñesas tomarán parte mañán sábado 28 na derradeira quenda do curso “Conduce con xeito” promovido pola Concellería de Seguridade e organizado pola Policía Local para adestrar ós participantes en técnicas de conducción segura en situacións de risco.
Despois de dous aprazamentos causados polas borrascas destas últimas semanas, a Concellería de Festexos informa que haberá Mercado de Nadal que terá lugar o vindeiros días sábado 28 e domingo 29.
A primeira edición da “San Silvestre Concello do Porriño” terá finalmente máis de 700 participantes con dorsal por que a previsión é que haberá xente que se anime e participe sen dorsal. Cumpre lembrar que só estarán cubertos polo seguro de responsabilidade civil e accidentes aqueles participantes que teñan dorsal asignado.
A Federación Galega de Ciclismo confirmou que haberá 400 participantes nas diferentes probas e categorías do Cameponato de Galicia de Ciclocross que terá lugar o vindeiro domingo 29 no Porriño.
A Concellería de Cultura anunciou que este ano haberá aforo limitado para presenciar o Concurso de Rondallas no Pavillón 1 do Polideportivo Municipal Exactamente haberá 1.668 localidades dispoñibles para o público en xeral que se ocuparán por estricto orde de chegada desde a apertura de portas no recinto, a partires das 17 horas. O Concello contratou unha empresa de seguridade privada que se encargará do control de acceso ó Polideportivo.
O derradeiro pleno municipal da corporación local de O Porriño en 2019 aprobou por unanimidade boa parte dos asuntos que configuraron a orde do día. Entre eles, o máis sobranceiro foi a adxudicación definitiva á empresa "Sociser Galicia" do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Tratase dun contrato por dous anos -prorrogable- que conta un orzamento de 1,9 millons de euros, segundo explicou o concelleiro de Servizos Sociais, David Alonso.
Porriño será un dos catro concellos que participará no curso "Coas mans na masa" orientado a todas aquelas persoas ligadas de xeito profesional ao mundo da hostalería e a restauración.O curso chamase "Cociña creativa con produto local". Da man do chef galego Iván Méndez, os participantes descubriran novos xeitos de empregar os produtos locais para elaborar pratos creativos e novidosos. O curso é eminentemente práctico e aprenderase facendo, experimentando, cociñando e elaborando.
O Goberno Municipal do Porriño instou á Xunta de Galicia a resolver as deficiencias que apareceron nos centros educativos de Torneiros, tanto na Escola Infantil Galiña Azul como no CEIP Antonio Palacios. A través de dúas cartas o Concello porriñés reclama a sendas instancias da administración autonómica que poña os medios necesarios para arranxar os problemas detectados.
O Concello do Porriño despedirá o ano político-municipal 2019 cunha derradeira sesión plenaria, de carácter ordinario, que se celebrará o xoves 26, a partires das 18 horas.