David Alonso, concelleiro de Deportes realizou hoxe a recepción das obras de lixado, barnizado e pintado da pista 1 do Polideportivo Municipal. Estes traballos estiveron paralizados polo estado de alarma e retomáronse cando se relaxaron as restricións no sector de construción e carpintería.
A Concellería de Deportes do Concello do Porriño lembra que dende hai unha semana está aberta a Piscina Municipal baixo unas estritas pautas de prevención do Covid-19. O emprego da máscara é obrigatorio en todo momento, agás dentro da piscina. A solicitude de cita previa é un requisito imprescindible. Debe solicitarse cun máximo de 48 horas de antelación, ben por teléfono a través do número 986 34 44 20 ou por correo electrónico no enderezo: piscinaporrino.eulen@gmail.comO tempo de nado é de unha hora e non poderá haber máis de dúas persoas por cada rúa na piscina grande. No vaso pequeno, o aforo máximo será de 8 persoas. O horario de apertura da Piscina Municipal do Porriño será: de luns a venres, de 7 da mañá a 14 horas; e de 16 h. a 23 horas. Os sábados, de a 14 h. e de 17 a 20,30 h. E domingos, tan só en quenda matinal, de 10 a 14 horas. Os responsables da instalación municipal advirten que non se permitirá o acceso a persoas con síntomas compatibles co “Covid-19”: tose, febre ou dificultade para respirar.
A Xunta de Voceiros Municipais convocada para o vindeiro venres 17, ás 12 horas, tratará a petición dunha posible devolución de parte do canon que canteiras radicadas no Porriño aboan anualmente ao Concello. A petición basease na paralización forzosa –entre as canteiras que aínda están activas- durante os tres meses que durou o estado de alarma polo “Covid-19”. O primeiro tenente de alcalde, Pedro Pereira como concelleiro responsable do Patrimonio Municipal, levará a proposta á consideración dos voceiros dos restantes grupos da corporación para determinar se procede algunha compensación. Ata este intre, catro canteiras solicitaron formalmente ao Concello a devolución de parte do canon anual que pagan.
A Concellería de Cultura e Festas informa que o vindeiro sábado 18 ofrecerá un concerto musical a cargo do “Dúo “DeLís”, ás 21 horas, na praza Arquitecto Antonio Palacios. O espazo para público, diante do Concello, terá un aforo restrinxido, só para 100 cadeiras, segundo organizou a devandita Concellería que dirixe Cami Moreira.
Unha visita guiada ao cultivo de vimbieiras de Julia De La Cal foi unha das actividades máis sobranceiras das que tiveron lugar onte coa ocasión das Festas de San Bieito 2020.
A Concellería de Cultura e Festas e a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) informan da ampliación do prazo para participar na “Batalla de Debuxantes Improvisdado”, convocada polo Concello do Porriño.
O Concello do Porriño, colaborando co a Xunta Electoral de Zona, está rematar hoxe a preparación do dispositivos das 23 mesas distribuídas en 14 colexios electorais onde poderán exercer o seu voto 15.680 porriñeses e porriñesas con dereito a votos nestes comicios autonómicos do vindeiro domingo 12.
O Concello do Porriño anuncia a entrada en funcionamento de botóns de proximidade que non precisan contacto táctil para activar os semáforos. Trátase dunha medida relacionada cos protocolos de prevención anti-Covid19 co fin de previr riscos de contaxio.
Esta mañá celebráronse once mesas de contratación doutras tantas licitacións convocadas polo Concello do Porriño por un importe aproximado de 3 millóns de euros. Entre elas a poxa de vehículos municipais en desuso, dos que se venderon media ducia.
A Policía Local do Porriño impuxo onte á noite na Avenida de Buenos Aires, as primeiras denuncias a varias persoas, todas elas mozas, que non facían uso das máscaras de protección nunha reunión. Cada denuncia dará lugar a multas económicas de 100 € por persoa, segundo a normativa vixente da Xunta de Galicia.
A suma de votos da maioría da corporación municipal do Porriño, co voto de calidade do alcalde accidental, rexeitou a proposta do Partido Popular e aceptou a contraproposta do grupo EU SON para analizar no seu conxunto toda a facturación pendente do Concello do Porriño. Acordouse que esa análise inclúa tanto as facturas da conta 4/13 como aquelas que están pendentes porque carezan de partes de traballo, outras deficiencias ou tiveran sido rexeitadas polo sistema “Face”.