Esta tarde, entre as 17:00 e as 20:00 h. terán lugar os obradoiros de Nadal. Desenvolveranse no auditorio exterior do Centro Cultural Municipal, baixo carpa.
Este mércores, nas instalacións de "Porremprego", entre as 9 e as 12 do mediodía, terá lugar o reparto de regalos para nenos e nenas de ata 12 anos das familias máis desfavorecidas do concello.
As obras acometidas polo Concello consisten no acondicionamento, mellora da drenaxe e pavimentación con aglomerado asfáltico do camiño municipal de Centeans. Fixéronse, ademais, as obras necesarias e complementarias de recollida de pluviais para garantir a conservación do camiño.
O departamento de Cultura lembra que segue aberto ata o luns 21 o prazo de inscrición nas distintas actividades da Programación de Nadal, organizada polo Concello do Porriño.
Eva García solicitou hoxe ao Conselleiro de Sanidade que o Sergas realice un cribado masivo no Porriño ante o incremento de contaxios que ven producíndose nos últimos días.
O Concello rematou hoxe o pagamento mediante transferencia bancaria da segunda e última quenda de axudas económicas directas concedidas pola administración municipal pola Covid. Abonáronse en total 84.589 € entre autónomos e micro empresas do Porriño que se acolleron á convocatoria municipal.
A actividade “Chegou Papá Noel” nos colexios de Primaria do Porriño está a desenvolverse dende hoxe e ata mañá venres 18, organizada pola OMIX do Porriño e a Concellería de Educación.
O Grupo de Voluntarios de Protección Civil do Porriño realizou ao longo da madrugada e durante a madrugada varias intervencións a petición do 112 e da Policía Local, por balsas de auga e inundacións polas fortes choivas.
O programa de formación e inserción "Porriño Accede" obtivo a inserción laboral de 75 persoas, todas elas residentes no municipio, durante este ano 2020. A maioría das inseridas no mercado laboral estaban desempregadas. Todos eles participaron nos cursos de aprendizaxe impartidos por "Porremprego" no Multiusos de Torneiros así como nas posteriores prácticas nas empresas colaboradoras con esta iniciativa do Consello, a través da Concellería de Emprego.
O Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia, establecido no polígono da Granxa do Porriño, desenvolveu un sistema intelixente de axuda á condución que recibe información en tempo real dos semáforos para a mellora de seguridade viaria.
O Concello pon ao dispor da veciñanza un novo servizo municipal denominado “O Porriño Informa”. Trátase dunha app de comunicación bidireccional entre Concello e os cidadáns.