A Concellería de Cultura e Festas que dirixe a concelleira Cami Moreira comunicou que amplía ata o 31 de agosto, o prazo de inscrición para participar na "II Batalla de Debuxantes Improvisdado", organizada polo Concello do Porriño coa ocasión das Festas do Cristo. Este concurso lanzouse no 2020, no primeiro estado de alarma como un estímulo para os creativos, para que puideran traballar dende as súas casas pese ao confinamento. Realizouse unha convocatoria por redes sociais para debuxantes que, de xeito profesional ou aficionado, desenvolveran algunha disciplina artística relacionada coa pintura. Entre os debuxos presentados, seleccionáronse seis artistas que concorreron á final celebrada nun escenario habilitado na praza do Concello. O artista alcumado “O Ras”, de Pontevedra foi o gañador daquela.Para este ano 2021 incluíronse diversas novidades e trasladase o escenario da final ao Parque do Cristo.Deixamos ligazón coa web de Cultura para máis información
O Concello do Porriño anuncia a concesión de achegas a catorce comunidades de traídas de augas do municipio por un importe global que suma 77.607 €, segundo informa a Concellería de Infraestruturas que dirixe Pedro Pereira. Este departamento convocou por segundo ano consecutivo este lote de achegas municipais ao que se presentaron catorce comunidades. Todos os solicitantes foron aceptados e non quedou ninguén excluído xa que cumprían cos criterios recollidos na convocatoria.
Esta tarde, a corporación local do Porriño coñecerá a proposta da mesa de contratación para outorgar o contrato de recollida, transporte e tratamento de lixo e residuos e xestión do Punto Limpo do Concello á firma "Servicios dos Concellos Galegos S.L.". Un contrato dun custe de 1.300.000 euros por ano e cunha duración de nove anualidades (8+1), ao que renunciou a empresa "Valoriza Servicios Medioambientales S.A." que fora a mellor valorada na licitación convocada polo Concello.
A alcaldesa Eva Garcia firmou este mediodía, por sede electrónica, as ordes de pagamento aos 45 beneficiarios do primeiro lote de axudas económicas directas outorgadas polo Concello do Porriño a establecementos de hostalería, comercio e autónomos que as solicitaron polo impacto dos peches derivados da pandemia.
A Concellería de Infraestruturas e Mobilidade, que dirixe Pedro Pereira, comunica o remate dos traballos realizados estes días na rotonda de confluencia de Antonio Palacios coa rúa Domingo Bueno e a avenida de Galicia.
O Concello do Porriño vendeu os 23 vehículos municipais en desuso que permanecían almacenados no recinto do Multiusos de Torneiros desde outubro de 2019, cando se renovou o parque móbil municipal. A pesares de que os vehículos tiñan prezos de saída de saldo (entre 50 e 100 euros) finalmente as ofertas elevaron o prezo de venda. O monto total da venda dos 23 vehículos acadou 8.697 euros (impostos incluidos).
Edgar Costas Sanmartín recibiu o IV Premio Roberto Vidal Bolaño de textos teatrais, instituído polo Concello do Porriño e organizado polo IES "Ribeira do Louro" e por Editorial Galaxia. O acto de entrega do galardón desenvolveuse no salón de actos do instituto porriñés. A obra do autor galardoado titulase "Casa de feras", segundo o fallo ao que deu lectura a profesora Raquel Castro, secretaria permanente do xurado. Francisco Castro, director xeral de "Editorial Galaxia" entregou o galardón e o diploma acreditativo.
Esta mañá operarios do Servizo de Vías e Obras do Concello iniciaron un zafarrancho de reparacións de beirarrúas que se estenderá ao longo das vindeiras semanas polo centro urbano, parroquias e polígonos industriais. Comezaron co arranxo e reposición de baldosas de pedra na praza Arquitecto Antonio Palacios e na rúa peonil. “Demos preferencia á contorna do Concello pola maior afluencia de peóns que está a notarse co incremento dos peregrinos e visitantes” subliñou a alcaldesa Eva García.
A Escola Municipal de Música do Porriño abre o prazo de inscrición previa para o curso 2021/2022. A partir do vindeiro xoves 1 de xullo e ata o 19 do mesmo mes, pódese solicitar as prazas.
Mozas e mozos porriñeses que forman parte do Consello Municipal de Participación da Infancia e Adolescencia, fixeron a súa achega á conmemoración do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ 2021 colaborando na execución dun mural no Centro Cultural Municipal.