Lourdes Moure, concelleira de Seguridade, participou hoxe como unha alumna máis, na primeira quenda dos cursos de defensa persoal feminina que retomou o Concello do Porriño despois da obrigada paralización en 2020, a consecuencia da pandemia.
O Concello de Porriño organiza hoxe, dende a Concellería de Igualdade, coa ocasión do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, varias actividades baixo o lema “O AMOR NON É VIOLENCIA”.
Eva Garcia de la Torre anunciou este mediodía a súa renuncia á alcaldía de Porriño. A dimisión xa é oficial e efectiva tras ser presentada diante do Rexistro Xeral do Concello, ás 12:52 horas, unha vez concluída a comparecencia de Eva Garcia, ante un nutrido grupo de xornalistas dos medios galegos.
Dende a Concellería de Igualdade do Porriño, dentro da campaña” polo 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, estanse a desenvolver varias actividades baixo o lema “O AMOR NON É VIOLENCIA”
Santos Héctor, deputado delegado de Cooperación, visitou hoxe, en compañía de Lourdes Moure, concelleira delegada de Vías e Obras, as obras de reforma das instalacións de iluminación exterior dos Eidos-Atios. Nun prazo de tres meses levouse a cabo a renovación de cincuenta luminarias de alumeado público, ao pé da estrada N-550, mediante sistemas sostibles para eliminar a pegada de carbono. A adxudicataria foi a empresa “Control y Montajes Industriales CYMI S.A. Cun orzamento de 89.447 euros, aportados pola Deputación de Pontevedra coa achega de fondos Feder da Unión Europea e xestionado polo IDAE co obxectivo de conseguir unha economía máis limpa e sostible.
Os representantes de todos os centros educativos de Porriño que participaron hoxe no pleno infantil que se celebra coa ocasión do Día Mundial da Infancia que se conmemorará mañá, acordaron por unanimidade que o Concello organice e lidere unha nova iniciativa "GivingTuesday" (Martes de dar).
Un ano máis, o Concello do Porriño, para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos daInfancia, celebrará un Pleno Infantil, coa participación de nenas, nenos e adolescentes domunicipio.O Pleno celebrarase o venres 19 de novembro, ás 10:30h da mañá no salón de sesións do Concello, onde acudirán unha voceira e un voceiro de cada centro de ensino do municipio, en representación de todas as nenas, nenos e adolescentes. En total participarán os dez centros do municipio; sete colexios, dous institutos e a asociación ACEESCA.A temática deste ano, seguindo as indicacións do Comite de Unicef Galicia, será o medio ambiente. As persoas participantes xunto coas compañeiras e compañeiros do seu centro, están debatindo, reflexionando e preparando as propostas que presentarán no pleno para que o Concello do Porriño sexa máis sostible e sexa quen de axeitarse mellor aos impactos do cambio climático.
A Concellería de Seguridade Cidadá comunica que o vindeiro sábado 27 de novembro retomaranse as clases de autodefensa para as mulleres que xa se lles ensinaba antes da pandemia.
Eva García recibiu na Alcaldía a Francisco Alonso, representante da empresa "SCG Servizos dos Concellos Galegos", empresa adxudicataria da recente licitación do contrato de recollida de lixo. Así mesmo, “SCG” encargarase da recollida selectiva e da xestión do Punto Limpo.
Carla Godoy Magalhaes e Nicolás Freiría Casal serán os dous representantes da infancia e adolescencia porriñesa que asistirán no Parlamento de Galicia mañá martes 16 ao Foro de Participación Infantil e Adolescente. Este encontro, organizado polo Parlamento autonómico e o Comité de Unicef Galicia, celebrase anualmente para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos da Infancia. Rapaces e rapaces de toda a Galicia que forman parte dos consellos municipais da Infancia e adolescencia trasladarán aos grupos políticos do Parlamento e ao goberno da Xunta de Galicia as propostas que estiveron deseñando o pasado mes de outubro no encontro autonómico. A temática deste ano é o medio ambiente e as propostas da mocidade versan sobre as posibles actuacións que debe levar a cabo o goberno autonómico para que Galicia sexa unha comunidade máis sostible.
A Concellería de Medio Ambiente comunica que o vindeiro luns 15 comezarán traballos de poda en diversas rúas do municipio. Xa se están colgando avisos veciñais con cuartéis como os das imaxes adxuntas.
Este vindeiro luns, día 15, comezarán a executarse as obras de saneamento e pavimentación de Arrotea, na parroquia de Pontellas, segundo anunciou a Concellería de Infraestruturas.