O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, a concelleira de Comercio, Antía Carrera, e a presidenta da Asociación de Comerciantes do Porriño, Juana Pérez, presentaron hoxe a XXV edición da feira de oportunidades “Merca na rúa”.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Educación e Igualdade, Carolina González, acompañaron hoxe á porriñesa Laura Romero que recibiu un dos premios do concurso escolar de carteis que cada ano convoca a Xunta de Galicia con motivo do Día Internacional da Muller.
Escolares do Porriño participan este mes nunha actividade nos obradoiros sobre educación en valores asistidos por cans de terapia organizados pola concellería de Educación a través da OMIX.
O Concello do Porriño comprométese co pobo ucraíno ante a crise humanitaria derivada da invasión das tropas rusas no seu territorio, e confirmou á Federación Galega de Municipios e Provincias, FEGAMP, que acollerá ata 20 persoas refuxiadas de Ucrania.
Este venres, ás 18:30 h, terá lugar na Biblioteca Municipal unha nova sesión de animación á lectura a cargo de Paula Carballeira, baixo o título “Un mes. Catro lúas. Unha sesión de contos”.
A concellería de Seguridade Cidadá, que dirixe Abel Estévez, informou hoxe que se detectou un aumento significativo de furtos de carteiras os martes de mañá, coincidindo co mercado semanal. Nas últimas semanas notouse un repunte importante, chegando a denunciarse ata catro ou cinco furtos nalgunha xornada.
A concellería de Cultura e Festexos, que dirixe Bienvenido Estévez, informa de que este venres celebrarase o Desfile de Comparsas de Entroido aprazado onte pola choiva.
O Entroido segue a encher de ledicia e cor as rúas do Porriño. Despois do vistoso desfile do sábado, que congregou na vila a miles de persoas, continúa a programación deseñada pola concellería de Cultura, que dirixe Bienvenido Estévez.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Servizos Sociais e Benestar Social, Abel Estévez, reuníronse esta semana cos directivos de COGAMI, Celso Álvarez e Ángel Holguera, para definir vías de colaboración entre ambas entidades.