Os enfermos que acoden ao Centro de Saúde do Porriño teñen que aguantar temperaturas de ata 35 graos

O pasado 20 de xuño a Xerencia da Área Sanitaria de Vigo anunciaba que dotara ao Centro de Saúde do Porriño dun sistema de climatización que, sublimaba,daba  “resposta ás demandas de profesionais e usuarios, que nos meses de verán tiñan que soportar altas temperaturas, dadas as especiais características arquitectónicas deste edificio sanitario".

Menos dun mes despois a realidade é que a devandita climatización non funciona, que nas consultas houbo que recuperar os antigos aparellos de refrixeración e que non hai ningún tipo de sistema que alivie a situación das persoas que están agardando para ser atendidas polos médicos.

Curiosamente, o propio Servizo de Saúde xa recoñecera  que eses vellos equipos, "resultaran insuficientes" cando se colocaran dado que este inmoble, completamente acristalado, está moi exposto á luz solar, absorbendo e condensando o calor.

A situación é aínda máis lamentable tendo en conta que os devanditos equipos que teñen que usarse nas consultas polo fallo do sistema de climatización, son uns aparellos portátiles que foran colocados por Sanidade en 2010, hai sete anos, mentres o centro segue sen ter, nas áreas de espera ou nos corredores nin sequera uns ventiladores que fagan máis soportable esta situación.

Este xoves, a temperatura nas salas de espera superaba nalgún intre os 35 graos e en algunha das consultas estaban preto dos 30, cando nos momentos centrais do día o termómetro marcaba na rúa 31 graos e para este venres agárdanse que se achegue aos 34 dende o mediodía.

Este calor, que está a afectar, especialmente a os cativos e anciáns,  é outra das graves deficiencias deste centro de saúde que atendeu so nos seis primeiros meses deste ano a máis de 100.000 persoas, veciñas do Porriño, de Salceda e de Mos que parecen non importar ao conselleiro de Sanidade que, maila ás promesas do Goberno de Galicia e do seu partido, segue sen querer afrontar as gravísimas deficiencias deste inmoble que, como poden comprobar centos de doentes cada día, non cumpre xa as condicións básicas para tratar aos enfermos.

NOVAS / CONCELLO
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.