O Porriño presenta o seu V Plan de Igualdade

Nun acto celebrado no Concello, o alcalde Alejandro Lorenzo e a concelleira de Igualdade, Carolina González, presentaron o V Plan de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes, un documento que marca un fito no compromiso do Concello coa igualdade de xénero e o cambio social.

"Hoxe damos un paso importante cara ao futuro", afirmou o alcalde, quen destacou que este plan non só inclúe unha serie de medidas concretas, senón que tamén reflicte o firme compromiso do Concello coa igualdade de xénero. "No Porriño, a igualdade non é só un obxectivo, é unha realidade á que aspiramos todos os días", engadiu.

O V Plan de Igualdade, que se implementará entre 2025 e 2028, ten como obxectivo garantir que todas as veciñas e veciños do Concello teñan as mesmas oportunidades, dereitos e liberdades, sen distinción de xénero. Con 10.446 mulleres fronte a 10.116 homes na poboación, o alcalde subliñou a importancia de que “esta equidade se reflicta nas políticas e decisións que tomamos”.

Entre os obxectivos do plan atópanse promover a igualdade real e efectiva, facilitar a conciliación da vida laboral, persoal e familiar, e erradicar a violencia machista, unha das maiores secuelas da sociedade actual. "Cada unha das 50 medidas que propoñemos está deseñada para transformar a sociedade de maneira real", explicou Lorenzo.

Cabe destacar que o documento ten un forte enfoque educativo, recoñecendo que a clave para o cambio radica nas novas xeracións. "Debemos educar sen roles nin estereotipos de xénero para construír unha sociedade libre de violencia, onde todos e todas podamos vivir sen medo e con liberdade", afirmou o rexedor.

A concelleira de Igualdade, Carolina González, explicou o documento polo miúdo  agradeceu a todos os que traballaron na elaboración do plan, destacando o labor da responsable do CIM do Porriño. "Non só falamos de medidas concretas, senón dunha folla de ruta que sitúa á igualdade no centro das políticas municipais.  Este plan é un gran paso cara a unha sociedade igualitaria, inclusiva e libre de violencia", concluíu.

O alcalde pechou o acto reafirmando o compromiso do Concello: "O cambio é posible se estamos unidos na loita pola igualdade. Estamos aquí como administración máis próxima para lideralo".

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria