O Porriño inaugura o " Mini Can Parede" coa participación de máis de 130 escolares no marco do Festival de Cans 2025

135 alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria participaron na decoración de oito siluetas do icónico “Can Parede”, símbolo do festival, que xa se exhiben nos farois da zona durante toda a semana do evento.

O Porriño, 15 de maio de 2025.- Un ano máis, a Concellería de Educación do Porriño colabora co Festival de Cans para achegar esta cita cultural á comunidade educativa e promover a participación activa do alumnado. Froito desta colaboración coa OMIX, o festival ofrece unha programación específica para os centros escolares, que fomenta a creatividade, o traballo en equipo e o sentimento de pertenza.

Entre as propostas máis agardadas polos escolares destaca o “Mini Can Parede”, inaugurado esta mañá ás 10:30 horas na zona peonil do centro. Nesta edición, 135 alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria participaron na decoración de oito siluetas do icónico “Can Parede”, símbolo do festival, que xa se exhiben nos farois da zona durante toda a semana do evento.

Tomaron parte nesta iniciativa os centros CEIPP Antonio Palacios, CEIPP da Ribeira, CEIPP Fernández López, CEIPP Atios, CEIP Cruz-Budiño, CPR Sto. Tomás, CPR Hnos. Quiroga e Aceesca. Cada colexio decorou a súa silueta de maneira libre, sen limitacións temáticas nin técnicas, fomentando a expresión artística e a colaboración entre o alumnado.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, puxo en valor o talento da mocidade: “Cada ano os nosos nenos e nenas sorpréndennos coa súa creatividade e ilusión. O Mini Can Parede demostra que a cultura pode e debe ser accesible, participativa e integradora desde as primeiras etapas da vida”.

Pola súa banda, a concelleira de Educación, Carolina González, sinalou que “esta actividade é unha oportunidade para que os rapaces se sintan parte activa do festival, ao tempo que desenvolven habilidades artísticas e valores como a cooperación e o respecto polo traballo común”.

Tras a inauguración, o alumnado participante asistiu ao obradoiro “Pintando Cans”, unha proposta lúdica e educativa na que puideron seguir explorando a súa creatividade nun ambiente distendido.

Dende o Concello do Porriño agradécese especialmente a implicación dos centros educativos, do profesorado, das familias e da OMIX, que fan posible que o Festival de Cans sexa tamén unha festa da infancia, da imaxinación e da aprendizaxe compartida.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos