O Porriño e Ribadeo formalizan o seu irmandamento a través da figura do filántropo Ramón González

O Porriño, 25 de xuño de 2025.– O Concello do Porriño acolleu esta mañá un emotivo acto institucional no que se formalizou o irmandamento entre os concellos do Porriño e Ribadeo, unidos pola figura de Ramón González (1856–1925), filántropo galego cuxo legado marcou profundamente a vida social, cultural e patrimonial de ambas vilas.

O acto comezou coa recepción das autoridades na Casa Consistorial do Porriño, que sorprenderon na súa chegada caracterizados de indianos, e coa interpretación do Himno Galego. A continuación, tiveron lugar as intervencións institucionais, nas que participaron Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño; Daniel Vega, alcalde de Ribadeo; Vanessa Ucha, concelleira de Turismo do Concello do Porriño; e Begoña Sanjurjo, concelleira de Cultura do Concello de Ribadeo. Tamén interviron descendentes de Ramón González, que emocionaron aos asistentes lembrando a traxectoria humana e solidaria do seu devanceiro. 

Un legado entre dúas vilas

Ramón González naceu en Ribadeo e emigrou moi novo á Arxentina, onde fixo fortuna como comerciante en Rosario de Santa Fe. Membro activo de entidades culturais e financeiras, regresou a Galicia a comezos do século XX e estableceuse no Porriño, vila natal da súa esposa, Corona González Santos. Desde alí desenvolveu unha intensa actividade filantrópica que se materializou na financiación da igrexa parroquial do Porriño, inaugurada en 1913, na construción da Casa Consistorial deseñada polo arquitecto Antonio Palacios, e tamén en doazóns destinadas ao campo de fútbol, escolas e entidades culturais. A súa xenerosidade estendeuse igualmente á súa vila natal, Ribadeo, onde contribuíu á creación de infraestruturas educativas, culturais e sociais, como o teatro, a praza de abastos e o apoio ao Ateneo local.

Un irmandamento con visión de futuro 

Durante as intervencións do acto de Irmandamento destacouse o valor do legado indiano e o potencial turístico e patrimonial que representa para ambas vilas. O Alcalde do Porriño subliñou que este irmandamento simboliza algo máis ca unha relación institucional: representa un vínculo entre dúas comunidades que comparten historia, valores e unha visión común de futuro. 

Alejandro Lorenzo declarou: “Un día especial, hoxe abrimos unha porta simbólica entre dúas vilas. Hoxe celebramos o irmandamento entre O Porriño e Ribadeo e facémolo da man dun home que soubo tender pontes antes ca ninguén, Ramón González Fernández”. O rexedor engadiu que “cando fixo falta construir o Concello, puxos mans á obra literalmentee pagou todo cos seus aforros”. Lorenzo quixo compartir unha anécdota coas persoas presentes: "Cando chegou o busto de Ramón González ao Porriño, que debía render homenaxe ao noso benfeitor, quedou tirado na estación, sen que ninguén o recollera. Dous bandos rifaban por dicir que eran os que máis o querían e, mentres tanto, o busto seguía alí, abandonado, a piques de ser subastado en Vigo... Un esperpento, como dicía Valle-Inclán.”

Pola súa banda, o alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, destacou a importancia de poñer en valor figuras como a de Ramón González, exemplo de entrega desinteresada ao progreso das súas comunidades: “Gustaríame destacar a entrega, a filantropía e o bo facer de Ramón González, que tanto beneficiaron aos pobos do Porriño e de Ribadeo. Foi un home adiantado ao seu tempo e comprometido coa mellora da sociedade. Reivindicar a súa figura era unha débeda pendente, e foi precisamente esa filantropía, ese xeito de entender o ben común por riba dos intereses persoais, o que nos levou a pensar na homenaxe”. 

Unha xornada de celebración

O acto completouse coa proxección dun vídeo conmemorativo polo décimo aniversario do festival Ribadeo Indiano, unha actuación musical e unha degustación de callos para os asistentes como colofón dunha xornada marcada pola historia, a emoción e a convivencia.

Este irmandamento entre O Porriño e Ribadeo representa un compromiso firme por reforzar a colaboración cultural, turística e institucional entre ambas vilas, sustentado na memoria compartida e no exemplo das persoas que entenderon que traballar polo ben común é o maior legado que se pode deixar ás futuras xeracións.

NOVAS / CONCELLO
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.