O Porriño celebra o Día Mundial da Abella cunha cata de mel da Agrupación Apícola de Galicia

Numerosas persoas se achegaron para degustar distintas variedades de mel e coñecer máis de preto o traballo das apicultoras e apicultores

O Porriño, 20 de maio de 2025.- Con motivo do Día Mundial da Abella, o Concello do Porriño, a través da Concellería de Turismo, celebrou esta mañá unha cata de mel organizada pola Agrupación Apícola de Galicia, co obxectivo de poñer en valor este produto e concienciar á veciñanza sobre a importancia das abellas na conservación do medio ambiente.

A actividade desenvolveuse na Praza do Concello, onde numerosas persoas se achegaron para degustar distintas variedades de mel e coñecer máis de preto o traballo das apicultoras e apicultores. Esta iniciativa forma parte do compromiso do Concello coa divulgación e posta en valor da apicultura como actividade clave para o equilibrio do ecosistema.

A concelleira de Turismo, Vanessa Ucha, sinalou que “o mel representa un produto de grande valor, resultado dun labor minucioso que cómpre recoñecer. Con esta cata, que contou co apoio da Agrupación Apícola de Galicia, continuamos sumando accións que reforzan a nosa Feira do Mel e promoven o coñecemento sobre o mundo das abellas.”

Pola súa banda, o alcalde Alejandro Lorenzo afirmou que “desde o Concello do Porriño seguiremos traballando da man das entidades do sector para protexer o noso entorno e fomentar o respecto pola natureza. As abellas son imprescindibles para a vida, e celebracións como a de hoxe axudan a visibilizar o seu papel fundamental.”

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos