O Porriño acolle este sábado o "GP Concello do Porriño" nas categorías Elite e Sub23

Trátase dunha proba de ciclismo nacional que puntúa para ranking RFEC, que a súa vez é o campionato galego da categoría

O Porriño, 12 de xuño de 2025.– O Porriño converterase este sábado no epicentro do ciclismo galego coa celebración do Gran Premio Concello do Porriño nas categorías Élite e Sub23, unha proba nacional de máximo nivel, que a súa vez é o  campionato galego da categoría e na que, polo tanto, se descubrirán os campións Élite e Sub23 galegos.

Organizada polo Club Master da Louriña, coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello do Porriño, a carreira arrancará ás 16:30 horas e contará coa participación de máis de 100 ciclistas. Os deportistas deberán completar un esixente percorrido de 137 km, con 3,5 km de saída neutralizada e un desnivel acumulado de 1.273 metros

Durante a presentación do evento desta mañá, o Alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, destacou que "este tipo de competicións consolidan o noso municipio como referente do deporte galego e atraen centos de persoas que poden gozar dun espectáculo deportivo de primeira". No acto estiveron tamén presentes Juan José Álvarez, Presidente do Club Master da Louriña; Óscar Sánchez e Jacobo Ucha, representantes da Federación Galega de Ciclismo; Rafael Pérez, patrocinador principal privado da proba; e María Felisa Rodríguez Carrera, Concelleira de Deportes de Mos. 

A competición será retransmitida en tempo real a través do sistema de radio volta da Federación Galega de Ciclismo, permitindo un seguimento minuto a minuto do desenvolvemento da carreira.

Desde o Concello do Porriño animamos a toda a veciñanza a saír ás rúas e achegarse ás inmediacións do percorrido para apoiar aos corredores e desfrutar dun sábado de ciclismo de elite, nun evento que servirá para coroar os novos campións galegos da tempada.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria