O Porriño acolle a presentación da "IX CHALLENGE AS RÍAS BAIXAS", referente do ciclismo galego

Douscentos ciclistas das categorías máster e xuvenil participarán esta fin de semana nunha proba por etapas que percorrerá os concellos de Mos, Ponteareas e O Porriño, nun desafío que mestura esixencia física, organización exemplar e paixón polo ciclismo galego.

O Porriño, 30 de abril de 2025.- O Concello do Porriño foi escenario esta mañá da presentación oficial da IX Challenge As Rías Baixas, unha das citas máis importantes do ciclismo galego, que reunirá a douscentos corredores das categorías máster e xuvenil durante a fin de semana do 3 e 4 de maio. A proba, organizada polo club ciclista Master da Louriña, percorrerá os municipios de Mos, Ponteareas e O Porriño nun percorrido esixente que combina tramos en liña e contrarreloxo.

No acto participaron o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, o concelleiro de Deportes, Abel Estévez, así como os seus homólogos de Ponteareas e Mos, Nicolás Rodríguez e Camilo Grandal, respectivamente. Tamén asistiron o presidente do club organizador, Juan José Álvarez Cerdeira, por parte da Federación Galega de Ciclismo, Óscar Sánchez,  Rafael Pérez, representando a unha das empresas patrocinadoras do evento deportivo e Horacio Barros.

Alejandro Lorenzo salientou a importancia que ten para O Porriño ser sede dunha proba desta dimensión, afirmando que "a Challenge As Rías Baixas é moito máis ca unha competición deportiva; é unha oportunidade para mostrar o dinamismo e o compromiso dos nosos concellos coa promoción da actividade física e coa organización de eventos de primeiro nivel". O rexedor destacou tamén o impacto positivo que terá na economía local e no tecido asociativo, animando a toda a cidadanía a vivir esta festa do ciclismo.

Pola súa parte, Abel Estévez destacou o traballo conxunto realizado entre administracións e entidades deportivas para facer realidade esta nova edición. "Estamos moi orgullosos de acoller unha cita que combina deporte de alto nivel e participación cidadá", asegurou o concelleiro de Deportes, quen engadiu que "o ciclismo representa valores fundamentais como o esforzo, a solidariedade e a superación, principios que desde O Porriño queremos seguir impulsando entre os máis novos".

A IX Challenge As Rías Baixas desenvolverase en tres etapas moi esixentes. O sábado 3 de maio disputarase o Gran Premio de Mos, cun percorrido en liña de 79 quilómetros e 800 metros de desnivel acumulado. Esa mesma tarde terá lugar a contrarreloxo individual de Ponteareas, sobre un trazado técnico de 11 quilómetros. O domingo 4, o Gran Premio do Porriño pechará a competición cun percorrido de 85 quilómetros e preto de 1.000 metros de desnivel, nunha etapa que decidirá os vencedores finais.

O evento premiará aos líderes das diferentes clasificacións xerais e de especialidades, co obxectivo de fomentar a competitividade e a emoción ata a última pedalada. Desde a organización e os concellos implicados convidan a todos os veciños e visitantes a apoiar aos corredores, convertendo esta IX Challenge As Rías Baixas nunha verdadeira festa do ciclismo galego.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria