O IV Concurso Escolar de Carteis do Entroido premia a creatividade de Carla Marques no Porriño

O Concello do Porriño, a través da Concellería de Educación, deu a coñecer hoxe o cartel oficial do Entroido 2025. A ilustración de Carla Marques Vaquero, alumna de 4º de ESO do Colexio Santo Tomás, foi a elixida como imaxe representativa deste ano tras proclamarse gañadora do IV Concurso Escolar de Carteis do Entroido.

O certame contou cunha gran participación dos centros educativos de primaria, secundaria e ACEESCA, que sumaron numerosas propostas con estilos e técnicas diversas, como acuarela, colaxe, cera ou carbón. A colaboración de Consuelo Rodríguez Domínguez, artista local, foi fundamental na organización deste evento, sendo a súa implicación e apoio chave para o éxito desta edición.

O xurado, formado polos artistas locais Juan de la Cruz Castaño Vicente, Nito Pereiro-Oliveira e Nuria Vilanova Ferreira, avaliou as propostas recibidas, tendo en conta a diversidade e a calidade das obras presentadas. A tarefa foi complicada debido á alta calidade e creatividade das propostas.

O alcalde, Manuel Alejandro Lorenzo Alonso, visitou o centro educativo da gañadora para comunicar a nova en persoa, sorprendendo a Carla nun emotivo momento cheo de aplausos e ledicia entre os seus compañeiros. "Cada ano sorpréndenos máis o talento dos nosos pequenos artistas. Temos unha mocidade creativa e con moita ilusión. Este concurso non só fomenta a expresión artística, senón que tamén reforza o sentimento de pertenza e tradición na nosa vila", destacou o rexedor.

Pola súa banda, a concelleira de Educación, Carolina González Costas, quixo poñer en valor o esforzo de todos os participantes. "A calidade dos traballos presentados demostra o potencial creativo dos nosos estudantes. É unha honra ver como o Entroido esperta tanta paixón entre a mocidade e como se involucran para manter viva esta festa", sinalou.

Dada a calidade dos traballos presentados, o xurado resolveu outorgar premios en tres categorías por idades, quedando a clasificación da seguinte maneira:

CATEGORÍA 1: De 6 a 8 anos

1º premio: Thelma Táboas Fernández, 8 anos (2º E. Primaria), Colexio Santo Tomás.

2º premio: Sofía Alonso Pérez, 8 anos (3º E. Primaria), Colexio Santo Tomás.

3º premio: Joaquina, 8 anos (Colexio Xosé Fernández López).

CATEGORÍA 2: De 9 a 12 anos

1º premio: Carla Sanandrés, 12 anos (1º ESO), IES Ribeira do Louro.

2º premio: Leire Hermida Fernández, 11 anos (6º E. Primaria), Colexio Santo Tomás.

3º premio: Mario Pintos Romero, 11 anos (6º E. Primaria), Colexio Santo Tomás.

CATEGORÍA 3: De 13 a 16 anos

1º premio: Carla Marques Vaquero, 16 anos (4º ESO), Colexio Santo Tomás.

2º premio: Gabrielly Silva Pereiro, 14 anos (2º ESO), Colexio Hermanos Quiroga.

3º premio: Gastón Gaitán Monte de Oca, 14 anos (3º ESO), IES Ribeira do Louro.

Ademais, concedéuselle un accésit especial a Ibai Gómez Germán, de 17 anos (ACEESCA), en recoñecemento á súa creatividade e orixinalidade.

A entrega de premios terá lugar o xoves 27 de febreiro ás 18:00 horas na sala de comunicacións do Concello do Porriño. Como parte da celebración, Carla Marques Vaquero será a encargada de dar o pregón do Entroido 2025, acompañada polos demais gañadores no balcón da Casa Consistorial o sábado 1 de marzo.

Todos os carteis participantes serán expostos no Centro Cultural Municipal ao longo das festas do Entroido, permitindo que veciños e visitantes poidan admirar o talento artístico da mocidade do Porriño.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria