O "FLI-PO MARKET" levará ao Porriño unha fin de semana de consumo responsable

O mercado contará con máis de 35 postos de particulares e asociacións sen ánimo de lucro, ofrecendo unha ampla variedade de produtos.

Completarase cunha ampla oferta gastronómica grazas aos foodtrucks e postos de coctalaría, permitindo desfrutar de boa música acompañada dunha variada proposta culinaria.

O Porriño, 29 de abril de 2025.- Esta fin de semana, O Porriño converterase no epicentro dunha iniciativa pioneira para fomentar o consumo responsable: o Fli-Po Market, o primeiro mercado sostible do municipio, organizado polo Concello do Porriño. A Praza 8 de Marzo, na Avenida de Galicia, será o escenario deste evento que ofrecerá un espazo para a compra, venda e intercambio de produtos de segunda man, acompañado dunha intensa programación de actividades lúdicas, música en directo e gastronomía.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, destacou na presentación celebrada hoxe na Casa Consistorial que "o Fli-Po Market supón unha oportunidade para concienciar á cidadanía sobre a importancia de reducir residuos e apostar pola reutilización, co obxectivo de converter O Porriño nun referente en iniciativas sostibles. Ademais, é unha aposta firme pola innovación e a sensibilización ambiental".

Pola súa banda, a concelleira de Mercados e Medio Ambiente, Antía Carrera, manifestou que "este evento pretende dar visibilidade á economía circular e ofrecer unha alternativa sostible de consumo, especialmente no sector téxtil, un dos máis contaminantes. Apostamos por un mercado que dinamice o municipio, implicando a tódalas idades nunha experiencia enriquecedora e consciente".

O Fli-Po Market dará comezo o sábado 3 de maio ás 11:30 horas e prolongarase ata as 22:00 horas, coa participación de profesionais do sector, asociacións sen ánimo de lucro e foodtrucks. Durante esta xornada, o ambiente estará amenizado coa actuación de Mondieu Dúo ás 13:00 horas, ofrecendo música para acompañar a hora do vermú. Pola tarde, celebrarase o obradoiro “Do vidro á eco-creatividade” impartido por Kolbéh, unha iniciativa destinada a nenos e nenas maiores de 11 anos. A música volverá ser protagonista a partir das 20:00 horas coa actuación de Maison e da Escola de Música do Porriño, culminando cun concerto de Somoza Trío.

O domingo 4 de maio, o Fli-Po Market abrirá as súas portas ás 12:00 horas, ofrecendo máis de 35 postos de particulares e asociacións sen ánimo de lucro, nos que se poderá atopar unha ampla variedade de produtos de segunda man. A programación incluirá o obradoiro “Macramé con refugalos téxtiles” impartido pola empresa local Hypathia, onde se traballará con materiais reciclados. A música continuará coa actuación de Sálvora Trío, e xa pola tarde, terá lugar un obradoiro artístico con Retoque Retro centrado na reutilización de residuos mariños. Para pechar o evento, ás 19:30 horas, actuarán Toño López & Bafana Bafana.

Durante toda a fin de semana estará habilitada unha zona de troco permanente de roupa e libros, cun máximo de tres pezas por persoa. As persoas participantes poderán entrar nun sorteo que se celebrará o domingo tras a última actuación. Tamén haberá unha zona de doazón de libros e roupa, destinada a protectoras de animais e hospitais.

O evento contará coa presenza de diversas protectoras como INMA, Rescue Galicia, Colonias Canguesas, Ohana, Palleiros, Isla de Tali e Proxecto Gato, así como de asociacións sen ánimo de lucro como Cáritas. A través dos seus postos, darán a coñecer o seu labor e ofrecerán produtos para recadar fondos que lles permitan continuar coa súa actividade.

O mercado completarase cunha ampla oferta gastronómica grazas aos foodtrucks e postos de coctalaría, que permitirán aos asistentes desfrutar de boa música acompañada dunha variada proposta culinaria.

Dende o Concello do Porriño animan a toda a cidadanía e visitantes a sumarse a esta primeira edición do Fli-Po Market, un evento que fusiona consumo responsable, sustentabilidade, lecer e cultura nunha proposta única e innovadora.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria