O Concello fará a meirande achega económica o festival de Cans.

A concelleira de Educación, Lourdes Moure, lembrou este martes no acto de presentación do Festival de Cans, que se celebra do 24 ao 27 de maio, que o Concello do Porriño fará a meirande achega económica da súa historia a este certame e que promoverá que o festival chegue a todo O Porriño.

Moure, quen acudiu á presentación en representación da alcaldesa, Eva García de La Torre, xunto coa concelleira de Traballo e Benestar, Soledad Girón, lembrou o traballo da Policía Local e Protección Civil durante os días do certame, garantindo a seguridade do mesmo, que actividades coma a 'Can Parade', "serán impulsadas dende o Concello", ademáis da participación de estudantes de 8 centros da vila no proxecto ‘Debuxa Cans’, sobre tema libre co ‘espírito’ de que “todos xuntos facemos o festival”.

Así mesmo, como indicou a concelleira, tamén farán xuntos o ‘decorado’ do festival e os seus traballos, antes de rematar en Cans, coincidindo coa proxección das películas, estarán exposto na ‘rúa’ peonil do Porriño.

A isto hai que engadir que os días 24,15 e 26 de maio, estudantes e profesores de centros do Porriño asistirán, nos mesmos alpendres e adegas que farán de salas de cine durante o festival, ao pase de distintas películas.

O Concello, salientou Lourdes Moure, colabora nesta actividade poñendo os autobuses nos que se desprazaran alumnos e profesores ata a parroquia de Cans.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-05 at 09.15.16.jpg
Campaña do Día do Pai 2026 para impulsar o comercio local con dúas tarxetas regalo MOREA
A iniciativa desenvolverase do 12 ao 22 de marzo e permitirá ás persoas participantes optar a dúas tarxetas regalo de 100 euros