O Concello do Porriño recupera unha subvención de 645.000 euros grazas á súa perseveranza

O Concello do Porriño logra finalmente recuperar unha subvención de 645.024,26 euros ao abeiro do Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Recuperación Postcovid-19 (Programa REACPON), despois dun longo proceso administrativo e xudicial que avala os dereitos desta administración local.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, expresou a súa satisfacción por esta resolución favorable: “Esta é unha gran nova para O Porriño que demostra que a perseveranza e o traballo constante do goberno local deron os seus froitos. A xustiza deunos a razón e permitiunos recuperar un financiamento esencial para levar a cabo un proxecto que mellorará a accesibilidade, a seguridade e a calidade de vida dos nosos veciños”

Unha das primeiras actuacións de Lorenzo tras estrearse como alcalde no ano 2021

A negativa da Deputación Provincial de dar a coñecer os criterios de baremación asignados ao proxecto que foi solicitado en diversas ocasións polo Concello así como polo propio Alejandro Lorenzo, na súa condición de deputado provincial, deu lugar a presentación dun recurso de reposición contra a denegación inicial da subvención por parte da Deputación.

Este fundamentábase na falta de motivación suficiente para a exclusión do proxecto, xa que o acordo non xustificaba de maneira clara e concreta os criterios aplicados para a súa desestimación. “A utilización dunha expresión tan xenérica, sen unha exposición clara dos motivos que levaron á comisión de persoas expertas a excluír determinados proxectos e admitir outros, impedía a este Concello defenderse adecuadamente e cuestionar a corrección da decisión adoptada” salientou o rexedor.

Unha loita pola xustiza administrativa

A concesión desta subvención fora inicialmente denegada polo anterior goberno provincial en decembro de 2021, argumentando que o proxecto presentado polo Concello non acadara a puntuación mínima requirida. Ante esta situación, o Concello do Porriño iniciou unha batalla legal para defender os seus dereitos, presentando recursos administrativos e finalmente acudindo aos tribunais.

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra deu a razón ao Concello do Porriño, anulando a resolución da Deputación que establecía a inadmisión a trámite por extemporáneo (fóra de prazo) do recurso de reposición presentado polo Concello do Porriño, ordenando a retroacción das actuacións aos efectos de ditar unha nova resolución. Posteriormente, a Deputación interpuxo recurso de apelación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que foi desestimado.

Finalmente, o Pleno Provincial aprobou a concesión da subvención na sesión celebrada o 28 de marzo de 2025, a proposta da comisión de valoración, recoñecendo así o dereito do Concello do Porriño a recibir estes fondos.

Un proxecto clave para a mobilidade sostible

Os fondos recuperados destinaranse á execución do proxecto “Humanización da rúa Antonio Palacios”, unha iniciativa que inclúe a ampliación das beirarrúas, a creación dun carril bici e a renovación de servizos básicos como saneamento, abastecemento e iluminación pública. Ademais, mellorarase a seguridade viaria con novos pasos de peóns sobreelevados e sinalización adaptada.

O proxecto inicial será ampliado con actuacións específicas destinadas a mellorar e reforzar a seguridade nos centros educativos da zona, garantindo así unha contorna máis segura para os nenos e as familias.O alcalde Alejandro Lorenzo destacou a importancia desta obra: “Este proxecto transformará unha das principais arterias do Porriño, facéndoa máis accesible, sostible e segura. Non só recuperamos unha subvención, senón que garantimos un futuro mellor para os nosos veciños”.O Concello do Porriño reafirma así o seu compromiso coa mellora das infraestruturas e a defensa dos intereses da veciñanza.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria