O Concello do Porriño organiza unha excursión de balde a Ribadeo e Mondoñedo

A inscripción realizarse de forma presencial no Rexistro do Concello e o prazo abrirase o xoves

O Porriño, 4 de agosto de 2025. — O Concello de O Porriño anuncia a organización dunha excursión cultural de balde para o próximo 12 de agosto destinada ás persoas maiores de 52 anos, coa finalidade de fortalecer os lazos históricos, culturais e emocionais que unen O Porriño coa vila de Ribadeo e a cidade de Mondoñedo.

A saída realizarase en autocar desde o Pavillón Municipal de Deportes, e o percorrido inclúe a visita á vila mariñeira de Ribadeo, onde os participantes poderán coñecer o seu rico patrimonio histórico e cultural. Tras un xantar de confraternidade, a xornada continuará coa visita aos principais puntos de interese da histórica cidade de Mondoñedo, incluíndo a entrada á súa emblemática catedral.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, destaca que "esta viaxe é un recoñecemento ao legado de Ramón González, un indiano que, dende a súa terra natal, axudou de maneira decisiva ao desenvolvemento de O Porriño. Reforzar esta ligazón cultural e emocional con Ribadeo é unha maneira de poñer en valor a nosa historia común".

Pola súa parte, a concelleira de Turismo, Vanessa Ucha, sinala que "desde o Concello apostamos por promover actividades culturais e viaxes que permitan ás nosas veciñas e veciños descubrir a historia compartida, coñecer novos lugares e vivir experiencias enriquecedoras que reforcen o sentimento de comunidade".

O número de prazas está limitado a 50 participantes, e o prazo de inscrición abrirase o próximo xoves,  7 de agosto. A inscrición realizarase exclusivamente de forma presencial no Rexistro do Concello, respectando a orde rigorosa de chegada.

NOVAS / CONCELLO
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.