O Concello do Porriño licita a reforma integral da Praza de Abastos para executar entre 2025 e 2026

O Porriño, 3 de xullo de 2025.- O Concello do Porriño avanza na modernización do seu Mercado Municipal coa publicación da licitación para a reforma integral da Praza de Abastos, que se realizará ao longo deste ano e o próximo. O prazo para presentar ofertas estará aberto ata o 29 de xullo. Esta actuación, cun investimento superior aos 400.000 euros e financiada maioritariamente pola Xunta de Galicia, forma parte do proxecto estratéxico para transformar o mercado nun espazo moderno, funcional e accesible, mantendo o seu valor patrimonial.

A reforma inclúe a rehabilitación da cuberta e a restauración das fachadas, melloras na distribución dos postos de venda, especialmente nas zonas de peixaría e froitería, e a incorporación de novos sistemas de iluminación, protección solar e equipamentos comerciais compartidos. Ademais, prevese a recuperación de locais baleiros para a instalación de novos negocios, a renovación dos aseos e a mellora dos accesos, incluíndo a instalación de portas automáticas para facilitar a entrada de mercancías.

O Alcalde, Alejandro Lorenzo, sinala que "esta licitación é un paso decisivo para continuar co proceso de modernización dun mercado que é un símbolo do noso centro urbano e da economía local. Queremos que a Praza de Abastos siga sendo un espazo atractivo e funcional para praceiros e clientes, preservando a súa identidade e potenciando o comercio de proximidade ”.

Pola súa banda, a concelleira de Mercados, Antía Carrera, subliña o compromiso do Concello coa dinamización económica e social do mercado, "apostando por un modelo que combina tradición e innovación, coa sustentabilidade e a eficiencia enerxética como eixos fundamentais”.

Esta intervención enmárcase nun proxecto máis amplo que o Concello está a desenvolver por fases. Xa se investiron máis de 550.000 euros nas fases previas para renovar instalacións, mellorar a iluminación, ampliar espazos e renovar fachadas. Agora, esta nova fase vén consolidar esas melloras e adaptar o mercado ás necesidades actuais, mantendo vivo un edificio con valor arquitectónico asinado polo prestixioso arquitecto José Bar Boo.

Dende o Concello insístese en que esta non será a última actuación. “Aínda queda camiño por andar e non pararemos aquí”, asegurou o alcalde. “Seguiremos traballando para completar todas as fases do proxecto e facer da nosa Praza de Abastos un referente de modernización, servizo e identidade local”.

O Concello mantén un diálogo constante co colectivo de praceiros para garantir que as actuacións se adapten ás súas necesidades reais e poñer en valor o papel do mercado como motor económico e punto de encontro da vida diaria do Porriño.

NOVAS / CONCELLO
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.