O Concello do Porriño e a protectora INMA reúnense para combater o maltrato animal

Esta colaboración incluirá campañas de sensibilización, formación e apoio nas denuncias ante as autoridades competentes, así como coa participación activa da Concellería de Medio Ambiente e da Policía Local.

O vindeiro 17 de maio, a asociación INMA instalará un punto informativo na praza Arquitecto Antonio Palacios, en horario de 17:00 a 21:30 horas, onde se dará a coñecer o seu labor

O Porriño, 13 de mayo de 2025.- Tras a aparición de varios casos de violencia exercida sobre gatos comunitarios, o Concello do Porriño e a asociación protectora de animais INMA mantiveron unha reunión de coordinación para reforzar a súa implicación na loita contra o maltrato animal. Esta colaboración incluirá campañas de sensibilización, formación e apoio nas denuncias ante as autoridades competentes, así como coa participación activa da Concellería de Medio Ambiente e da Policía Local.

A finais de decembro de 2024, o Concello do Porriño adxudicou á asociación INMA o contrato para a xestión das colonias felinas, un servizo que ten como obxectivo garantir o benestar destes animais e o control da súa poboación, aliñándose coa lexislación vixente e promovendo unha xestión ética e responsable.

A pasada semana, INMA puxo en coñecemento do Concello un grave suceso: a morte dun gato pertencente a unha colonia controlada, tras recibir dous disparos. O animal foi atopado pola súa alimentadora habitual agochado na súa caseta, con dificultade para moverse e un comportamento máis dócil do habitual. Foi trasladado con vida á clínica veterinaria, onde faleceu poucas horas despois. A necropsia revelou dous proxectís, un aloxado no fémur e outro na cavidade abdominal.

Unha vez coñecido o suceso, os feitos foron comunicados a Garda Civil, solicitando unha investigación para esclarecer os feitos e localizar ao autor ou autores. A Policía Local está colaborando activamente na investigación e reforzará a vixilancia nas zonas onde existen colonias felinas.

Desde o Concello quérese seguir traballando por unha mellora real na vida dos animais e fomentar unha convivencia pacífica entre estes e a veciñanza. Neste sentido, o Concello e a asociación INMA porán en marcha unhas xornadas informativas de concienciación contra o abandono e o maltrato animal, abertas a toda a cidadanía.

Así mesmo, o vindeiro 17 de maio, a asociación INMA instalará un punto informativo na praza Arquitecto Antonio Palacios, en horario de 17:00 a 21:30 horas, onde se dará a coñecer o seu labor, promoverase a concienciación sobre o benestar animal e ofreceranse vías para que a cidadanía poida colaborar como voluntaria.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, declarou que “esta colaboración é un paso máis na nosa loita pola protección animal. Queremos que Porriño sexa un lugar onde os animais sexan tratados con respecto e cariño”.

Pola súa banda, a presidenta da asociación INMA, Ana Dios, afirmou que “a colaboración entre Concello, asociación, persoas alimentadoras e cidadáns é fundamental para lograr o noso obxectivo: axudar ao maior número de animais posible e garantir o seu benestar”.

Lémbrase que todas aquelas persoas que alimenten colonias felinas deben rexistralas no Concello, presentando o Anexo I do protocolo de control de colonias felinas, aprobado definitivamente o pasado 21 de marzo de 2025.

Por último, desde o Concello faise un chamamento á veciñanza para colaborar activamente coa protección dos animais. As persoas interesadas en ser voluntarias poden contactar coa asociación INMA no teléfono 623 59 39 53, por correo electrónico a inmaasociacion@gmail.com ou a través das redes sociais (Facebook e Instagram). Precísanse voluntarios para alimentación de colonias, recollidas solidarias de alimentos, casas de acollida para nais e crías, traslados a clínicas veterinarias e labores de coidado no refuxio.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos