O Concello do Porriño destina preto de 94.000 euros á renovación e mantemento dos parques infantís e áreas biosaudables

Os traballos abranguen espazos localizados nas parroquias de Cans, Torneiros, Mosende e Budiño así como a adquisición de nova maquinaria co obxectivo de reforzar o mantemento regular destas áreas.

O Porriño, 12 de maio de 2025.- O Concello do Porriño vén de poñer en marcha un ambicioso plan de renovación e mellora que afecta a cinco parques infantís e unha área biosaudable repartidos por distintas parroquias do municipio. Estes traballos, que teñen un prazo estimado de execución de seis meses, contan cun orzamento total de 74.300 euros, dos cales 10.900 euros proceden de fondos propios do Concello, e o resto está financiado a través do Plan + Provincia 2024 da Deputación de Pontevedra.

“Estas actuacións responden a un compromiso firme do goberno municipal coa seguridade e benestar das nosas familias, especialmente dos máis pequenos”, subliñou o alcalde, Alejandro Lorenzo, quen destacou que os parques infantís son espazos clave para o desenvolvemento físico, emocional e social da infancia.

As actuacións incluirán a instalación de novos pavimentos amortecedores de impacto, a restauración de xogos danados, a renovación de valados perimetrais e a incorporación de novo equipamento biosaudable. Ademais, todos os espazos contarán con carteis informativos que recollerán datos como as idades recomendadas, teléfonos de contacto para mantemento e emerxencias, e normas de uso que garantan un lecer seguro e responsable.

Os traballos abranguen espazos localizados nas parroquias de Cans, Torneiros, Mosende e Budiño. No caso de Cans, realizaranse melloras tanto no parque da Graña como no do Río  Couso, con especial atención á renovación do pavimento e á reubicación dos elementos biosaludables. En Torneiros actuarase tanto no parque infantil da Fase I, onde se renovará o valado perimetral e a cancela de acceso, restauraranse os elementos de multixogo e instalaranse porterías antivandálicas, como tamén no parque do Alba, onde se substituirán os actuais elementos da área biosaudable por outros novos. No parque da Costeira, en Mosende, acometerase unha mellora integral que inclúe a substitución da valla, o acondicionamento do terreo e a instalación de céspede artificial. Finalmente, en Budiño, no parque da Forna, renovarase completamente a área infantil cun novo deseño de espazo e equipamento, ademais da mellora da superficie e dos bordos.

En paralelo ás obras de mellora, o Concello do Porriño tamén vén de investir na adquisición de nova maquinaria co obxectivo de reforzar o mantemento regular destas áreas. Neste sentido, realizouse unha compra por un importe total de arredor de 19.700 euros, que inclúe un cortacéspede profesional con tracción total e un remolque de grandes dimensións equipado con freos, ramplas e estrutura reforzada. Esta nova dotación permitirá ao servizo municipal de mantemento actuar con maior eficacia e garantir o bo estado das áreas de xogo durante todo o ano.

O concelleiro responsable da área, Marcos Martínez, explicou que este proxecto permite dar resposta a numerosas demandas veciñais acumuladas nos últimos anos e que supón un salto cualitativo tanto en seguridade como en accesibilidade. “Estamos a traballar para que todas as crianzas do Porriño poidan desfrutar de espazos renovados, seguros e atractivos. Pero tamén estamos pensando no día despois: por iso investimos tamén en nova maquinaria para o mantemento, para garantir que estes espazos se manteñan en bo estado durante todo o ano”, afirmou.

O equipo de goberno salienta que esta intervención é unha mostra máis da súa aposta polo equilibrio territorial e polo benestar das familias, e que continuará na mesma liña con novos proxectos nas distintas parroquias. “Queremos que todos os nenos e nenas do Porriño, vivan onde vivan, conten con áreas de xogo seguras, modernas e accesibles. Esta é unha aposta decidida pola igualdade de servizos e pola mellora do espazo público en todo o termo municipal”, concluíu o alcalde.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos