???????????????????????????????? ???????? ????????????????????Ñ???? ???????????????????? ????????????????????????????????????????‼️
⚠️ Ante o apagamento eléctrico que afecta a toda a península ibérica desde o mediodía deste luns, 28 de abril de 2025, o Concello do Porriño activou un operativo especial para garantir a seguridade e o benestar da veciñanza, empresas e centros comerciais, no caso de que a situación se prolongue máis do previsto.
????️ Medidas adoptadas:
⚠️Activación de servizos de emerxencia: Mobilización de Policía Local con 7 patrullas , Protección Civil, emerxencias e persoal municipal, con reforzos de persoal e patrullas adicionais nas parroquias e no casco urbano.
⚠️Xeneradores para emerxencias.
⚠️Control do tráfico: Dado que os semáforos están fóra de servizo, estase a regular manualmente a circulación en puntos críticos.
⚠️Coordinación sanitaria: Apoio o centro de saúde Seguimento da situación.
???? Recomendacións á cidadanía:
????Evitar desprazamentos innecesarios: Especialmente en vehículos particulares, para facilitar as tarefas dos servizos de emerxencia.????Precaución nas vías públicas: Se circulas por interseccións sen semáforos, modera a velocidade e respecta aos peóns.????Uso responsable do 112: Emprega o número de emerxencias só para casos realmente urxentes, para non saturar a liña.
???? Información actualizada:
Calquera nova incidencia ou actualización será comunicada a través dos medios dispoñibles.
Agradecemos a vosa colaboración e comprensión nesta situación excepcional.
☎️ 1️⃣1️⃣2️⃣