O Concello do Porriño apoia o comercio local e difunde a convocatoria 2025 do Programa de Apoio ao Comercio Minorista

O Porriño, 27 de xuño de 2025.– O Concello do Porriño apoia ao Comercio Local e colabora coa Cámara Oficial de Comercio de Tui que impulsa unha nova edición do Programa de Apoio ao Comercio Minorista co obxectivo de reforzar a competitividade e modernización do pequeno comercio local.

O programa está dirixido ás pequenas e medianas empresas do sector comercio que teñan o seu domicilio social e/ou centro produtivo no municipio do Porriño, e ofrece servizos totalmente gratuítos que contribúen á mellora das súas capacidades e posicionamento no mercado.

As actuacións previstas inclúen:

Diagnóstico individualizado e entrega dun informe con recomendacións de mellora (previsto para xullo e agosto de 2025).

Xornada presencial de sensibilización en materia de escaparatismo (setembro de 2025).

Titoría personalizada de escaparatismo por cada comercio participante (outubro de 2025).

O número total de prazas dispoñibles é de 16, e a selección das empresas participantes realizarase por estrita orde de entrada das solicitudes.

Segundo destacou o Alcalde, Alejandro Lorenzo, “desde o Concello continuamos apostando por apoiar ao noso tecido comercial, ofrecendo oportunidades reais para a súa profesionalización e adaptación aos novos retos do mercado”.

Requisitos e presentación de solicitudes

As empresas deberán estar dadas de alta no CNAE-2009 Grupo 47 ou nos epígrafes 64, 65 ou 66 do IAE (excepto farmacias), estar legalmente constituídas e desenvolver a súa actividade no Porriño.

As solicitudes poderán presentarse:

Presencialmente na sede da Cámara de Comercio de Tui (Rúa Augusto González Besada nº 15, 1º dereita), de luns a venres en horario de 08:00 a 15:00 horas.

A través da sede electrónica: http://sede.camara.es/sede/tuy/

Prazo de inscrición

O prazo de presentación estará aberto desde o 4 de xullo de 2025 ás 08:00 horas ata o 5 de setembro de 2025 ás 15:00 horas, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.

Toda a información e documentación necesaria estará dispoñible na web www.camaratui.es e na sede electrónica da Cámara. 

O Concello do Porriño reafirma o seu compromiso co comercio local como motor económico e social do municipio, e continuará promovendo accións que melloren a competitividade, visibilidade e profesionalización dos pequenos negocios, conscientes do seu papel esencial na vida diaria da veciñanza.

NOVAS / CONCELLO
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.